13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 10am

Nacen os primeiros trillizos do hospital Álvaro Cunqueiro

Os nenos permanecen nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxía e presentan unha evolución favorable tras un embarazo espontáneo, un feito “moi excepcional”

03 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto de familia tras o nacemento dos cativos. / Foto: Chuvi Foto de familia tras o nacemento dos cativos. / Foto: Chuvi

Xa chegaron ao Álvaro Cunqueiro os primeiros trillizos nados neste hospital. Lucas, Alberto e Teo viñeron ao mundo o pasado 27 de marzo tras unha cesárea programada polo servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, ás 34 semanas de xestación.

Os bebés -que pesaron respectivamente 1.700, 2.080 e 2.300 gramos- atópanse en bo estado, aínda que pasarán un tempo nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxia do Cunqueiro. Os seus pais, Izaira Vicente e Noel Gómez, residen en Tomiño e xa teñen outra nena de tres anos.

Tratouse dun embarazo espontáneo, algo "moi excepcional" cunha incidencia de 1 entre 10.000 embarazos. Os últimos trillizos que naceron no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) datan do ano 2015, no antigo hospital Xeral.

Neste caso os bebés viñeron cun pan baixo o brazo, xa que El Corte Inglés quixo colaborar coa familia na súa crianza nesta etapa. O director de Comunicación e Relacións Institucionais desta entidade, Pati Blanco, fíxolles entrega este mércores aos pais dunha doazón de cueiros e leite para os seus seis primeiros meses de vida.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

accidente laboral

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído