22072019Lun
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 8pm

Hospitalización a Domicilio renova a súa flota de vehículos en Vigo

A unidade atende anualmente na área sanitaria olívica a 650 pacientes nas súas casas

25 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O equipo da HADO. / Foto: Chuvi O equipo da HADO. / Foto: Chuvi

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) vén de renovar a frota de vehículos asistenciais de que dispón, catro dos cales son utilizados pola Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO).

Este troco, segundo valora o Sergas, supón “unha maior comodidade e axilidade para os desprazamentos” dos equipos e “súmanse as melloras das dotacións desta unidade”, que xa desde hai case dous anos utiliza medios informáticos para as historias clínicas dos pacientes e pauta ‘in situ’ a medicación dos enfermos, mediante o emprego de tablets.

A HADO atende anualmente a 650 pacientes nas súas casas e segue a ser a única de Galicia que dá cobertura á totalidade dos municipios da área sanitaria de Vigo.

O servizo presta asistencia a pacientes que, polas súas características ou polas doenzas que padecen e o estado avanzado da súa enfermidade, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subministran os mesmos coidados e atencións que nun ingreso hospitalario convencional. Se trata pacientes con calquera patoloxía, incluídos enfermos con necesidades paliativas, oncolóxicos ou non.

A HADO dispón nestes momentos de cinco equipos formados por un médico e unha enfermeira, que desprazan nos vehículos da unidade á zona de residencia do enfermo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído