Imprimir esta página

Traballadores de ambulancias péchanse na xerencia da área sanitaria de Vigo

O persoal segue a reivindicar “unhas condicións laborais dignas” mentres o conflito avanza cara unha folga indefinida

07 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Peche do persoal de ambulancias, este xoves. / Foto: Cedida Peche do persoal de ambulancias, este xoves. / Foto: Cedida

Traballadores do sector de ambulancias, convocados polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, pecháronse este xoves pola mañá nos despachos da xerencia da área sanitaria de Vigo para demandar un novo convenio colectivo “que garanta unhas condicións laborais dignas”. A protesta fíxose extensiva ás direccións dos complexos hospitalarios das sete principais cidades galegas.

Estes días prometen ser decisivos para a evolución do conflito. As negociacións entre a patronal e os empregados continúan pero aínda non hai acordo. Se estas diferenzas persisten, as folgas intermitentes que se están a desenvolver ata o de agora converteranse nun paro indefinido a partir do 20 de marzo. O actual período de folga remata este domingo.

Aspectos como o “abuso” dos contratos en prácticas ou a prevención de riscos laborais seguen a producir distanciamento entre as partes. Con todo, nos últimos días minguou a conflitividade no que respecta ás sabotaxes nas ambulancias.

Inicia sesión para enviar comentarios