18042019Jue
Última edición: Jue, 18 Abr 2019 7pm

A EOXI de Vigo dota de estabilidade laboral a sete médicos de familia

Con esta medida avanzase no obxectivo de reducir a taxa de eventualidade e na aposta da sanidade viguesa pola estabilidade no emprego dos profesionais

10 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Centro de saúde do Casco Vello./ Foto: Archivo Centro de saúde do Casco Vello./ Foto: Archivo

A EOXI de Vigo ven de dotar de estabilidade laboral a 7 médicos de medicina familiar e comunitaria familia de atención primaria da área viguesa. Este luns, comezan a traballar en vínculos de longa duración, como interinos, os médicos que cobren as prazas dos centros de saúde de Coia e Cuba en xornada de tarde; Casco Vello e Teis de mañá, e nos Puntos de Atención Continuada (PACs) de Cangas e Porriño.

A isto hai que engadirlle a nova praza creada no centro de saúde Porriño, cuxo propietario se incorporará o día 1 de marzo.

As prazas, na súa maioría son vacantes e reservas que resultaron do concurso de traslados, xubilación e outras situacións administrativas.

Con esta medida a EOXI de Vigo sigue avanzado no desenvolvemento dun obxectivo prioritario do seu Plan Estratéxico “O Coidado, Desenvolvemento e Recoñecemento aos profesionais”. Nesta liña, coas novas interinidades redúcese a taxa de eventualidade en aras dotar de maior estabilidade no emprego aos profesionais, favorecendo a conciliación laboral e familiar e mellorando tamén a continuidade asistencial .

Nos últimos tempos tense realizado un importante esforzo neste eido, e a estas novas interinidades hai que engadirlle tamén a praza de nova creación do centro de saúde Porriño

No momento actual, dos 433 médicos de atención primaria da área sanitaria de Vigo, o 77,36% (335) son fixos con praza en propiedade.

134 profesionais da enfermaría

Nos últimos tempos a área sanitaria de Vigo ten realizado un importante esforzo pola estabilidade do emprego dos profesionais. Hai que lembrar que a pasada semana consolidouse a 134 profesionais dos colectivos de enfermaría e de Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs) do CHUVI. Esta foi a maior incorporación de persoal interino desde a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

ocio

rodaje

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído