20032019Mié
Última edición: Mar, 19 Mar 2019 10pm

Os PAC inician unha folga indefinida para esixir unha “mellora asistencial e laboral”

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada protestan ao non percibir “ningún achegamento” por parte da administración

07 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Persoal sanitario na manifestación do 27 de decembro en Vigo. / Foto: Sonia Daponte Persoal sanitario na manifestación do 27 de decembro en Vigo. / Foto: Sonia Daponte

Desde este luns os Puntos de Atención Continuada (PAC) inician unha folga indefinida ao non frutificar os “múltiples intentos de diálogo” entre os sindicatos e o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Un paro que se suma ás dúas folgas parciais que xa se fixeron “sen ningún achegamento por parte da administración” e que chega tras a recente manifestación que tivo lugar en Vigo, con máis de 35.000 persoas saíndo á rúa.

As peticións seguen a ser os 11 puntos que uniron ao colectivo en toda a xeografía galega hai preto dun ano, con reivindicacións sobre todo asistencias e de equiparación de dereitos ao resto dos colectivos do Sergas: a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolvemos ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada, son algúns dos exemplos.

Segundo datos publicados pola Consellaría, “no ano 2017 atendéronse máis de 1.548.000 urxencias nos 90 PAC de Galiza; 767.000 nos seis primeiros meses de 2018” e resaltan o “alto índice de resolución, de máis do 90% sen necesidade de derivación hospitalaria”. Malia aumentar a actividade asistencial, os sindicatos cren que os PAC non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos.

“A incompetencia da Xunta na sanidade galega é un problema que non se pode esconder máis. Son numerosos os colectivos de traballadores e usuarios que seguimos denunciando publicamente o estado precario da sanidade nomeadamente en primaria: as listas de espera, os problemas de derivación a consultas de especializada, a falta de medios, a escaseza de persoal contratado ou o material inaxeitado”, denuncia a CIG.

A plataforma nacionalista apunta que a administración, coas súas declaracións de “facemos o que podemos”, recoñece de forma totalmente “irresponsable” o que levamos meses denunciando: que hai unha enorme falta de planificación que se foi paliando grazas a implicación e responsabilidade das traballadores.

“O feito de que o Sergas non convoque o comité de folga, que se nos exclúa das reunións e grupos de traballo de reestruturación en Atención Primaria e que permitan que este conflito se estenda no tempo deixa en evidencia da falta de disposición ou capacidade para resolver os problemas coas traballadores dos PAC”, engaden.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

A tua compañía de auga en Vigo

barrio do cura

vigo

sanidad

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído