16122018Dom
Última edición: Dom, 16 Dic 2018 9pm

O persoal dos PAC inicia peches en Vigo para reclamar máis persoal e mellores condicións

Denuncian que as duras condicións de traballo que padecen na área viguesa fan que un 15% dos traballadores se atope de baixa

27 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O persoal dos PAC, no peche deste martes en Vigo. / Foto: CIG O persoal dos PAC, no peche deste martes en Vigo. / Foto: CIG

O persoal dos PAC (puntos de atención continuada) de Vigo, Ferrol e Compostela retomaron este martes as mobilizacións coincidindo co inicio de novas xornadas de folga, que se desenvolverán até o vindeiro 17 de decembro para reclamar máis persoal e a mellora das condicións laborais e da atención ao usuario/a. Denuncian sobrecarga de traballo, falta de equipos de seguridade e discriminación, polo que insisten na equiparación coas condicións laborais do resto de persoal do Sergas.

En Vigo e Ferrol optaron por iniciar peches de 24 horas nos PAC, mentres que en Compostela concentráronse ás portas do centro de saúde. O xoves teñen previsto celebrar unha xuntanza á que está previsto que acuda persoal de todos os PAC para decidir a súa estratexia de cara á mesa sectorial convocada para este venres polo Sergas.

Dende a representación do persoal denuncian que malia que os profesionais dos PAC estiveron un mes en folga e a pesar das reiteradas afirmacións da Administración nas que manifestaba a súa disposición a dialogar e a chegar acordos, “a realidade é que non houbo ningún contacto co comité de folga para negociar co obxectivo de atender as reivindicacións do colectivo”.

Ademais, sosteñen que neste tempo endurecéronse as condicións de traballo, sobre todo do colectivo médico, “ao que se lle está a estender a xornada a golpe de burofax”. Ao mesmo tempo, deixouse sen cubrir a presenza de facultativos en numerosas ocasións en varios centros. Por exemplo, na área de Vigo sucedeu no PAC da Guarda, en Redondela e en Moaña. “Esta é a forma de negociar do Sergas: peores condicións para as traballadoras/es e peor servizo para as usuarias/os”.

Denuncian que as durísimas condicións de traballo que padece o persoal da área viguesa fan que un 15% dos traballadores se atope en situación de incapacidade temporal, ao tempo que advirten que “non sería estrano pensar que nas próximas semanas esta proporción puidera aumentar pola presión á que a EOXI de Vigo está a someter os seus empregados”.

Sinalan que na práctica suspendéronse case todos os permisos, polo que é moi difícil poder acollerse a una redución de xornada por coidado de fillo/a ou persoa dependente. “É unha lotería poder gozar dun día de libre disposición aos que por lei temos dereito; é un senvivir planificar unha viaxe en vacacións porque quizais a última hora sexan denegadas”.

Neste senso, sinalan que “a última volta de torca” é a de obrigar aos facultativos a realizar xornadas de 17 ou 24 horas nos seus períodos de descanso e avisando con moi pouco tempo de antelación. “Recentemente unha compañeira con dous fillos menores a cargo viuse obrigada por necesidades do servizo a realizar una xornada de 65 horas nunha semana, a maioría delas en tramo nocturno e festivo”.

O comité de Povisa demanda información sobre as negociacións
Noutra orde de cousas, o sindicato CIG denuncia que desde hai 10 días o persoal de Povisa non ten información algunha sobre como van evolucionando as negociacións entre a empresa e o Sergas. Por iso membros do comité se concentraban este martes diante do edificio do organismo público. “Exiximos que nos reciban. Solicitamos unha xuntanza hai tempo e aínda non nos contestaron. Queremos saber a versión da administración e queremos saber tamén como vai afectar todo isto ás traballadoras e traballadores”.

Así o explicaba no decurso da concentración a voceira do comité de empresa, María Xesus Neira, quen lembraba que “estamos a día 27 e que o prazo para o remate do preacordo remata o 28 de decembro. Deberían chegar a un acordo antes. Se non é así e remata o preconcurso de acredores entrariamos en concurso o que cambiaría moito as cousas e estariamos nunha situación moi dura para todas e todos”

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

sucesos

tecnología

movilidad

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído