22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

O persoal dos PAC da área sanitaria de Vigo denuncian ata 65 horas de traballo semanais

Máis de medio centenar de profesionais asinan un escrito no que denuncian condicións laborais “extremas”

31 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O PAC da rúa Pizarro en Vigo. O PAC da rúa Pizarro en Vigo.

Traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo denunciaron este mércores as condicións laborais “extremas” que din afrontar pola falta de medios humanos e de substitutos. Segundo informan nunha carta aberta asinada por 55 profesionais de Vigo, O Porriño, Redondela, Cangas, Ponteareas, A Cañiza, Tui e A Guarda, o persoal está “extenuado” pola carga de traballo que soporta.

No escrito difundido, advírtese incluso que o Sergas ten suspendidos na práctica “case todos os permisos” e que un traballador dun PAC ten moi difícil acollerse a unha redución de xornada por coidado de fillo ou persoa dependente.

“É unha lotería poder gozar dun día de libre disposición aos que por lei temos dereito. É un senvivir planificar unha viaxe en vacacións porque quizais a última hora aparezan como ‘denegadas’. A última volta de torca é a de obrigar os facultativos a realizar xornadas de 17 ou 24 horas nos seus períodos de descanso e avisando con moi pouco tempo de antelación. Esta semana unha compañeira con dous fillos menores a cargo viuse obrigada ‘por necesidades do servizo’ a realizar una xornada de 65 horas nunha semana, a maioría delas en tramo nocturno e festivo”, denuncian os promotores do escrito.

Ademais, os traballadores dos PAC da área viguesa aseguran que non hay “posibilidade de réplica” nin “planificación previa” por parte dos responsables santiarios. “E non é unha excepción, desgraciadamente é a tónica das últimas semanas. Obrigados a traballar sobrepasados de horas, extenuados, cunha responsabilidade tremenda en dispositivos que soportan una presión asistencial que supera con moito o razoable”, proseguen.

O persoal deste servizo tamén fala de soldos conxelados desde o ano 2010, cómputo horario que obriga a “recuperar” parte das horas que non se traballaron por estar de baixa, dietas insuficientes para comer ou cear durante una garda, uniformes inadecuados, posibilidade de aumento de xornada en calquera momento e unha negociación de 10 meses coa Consellería para resolver estes puntos que, por estéril, rematou nunha folga.

Así, os profesionais alertan de que este “desprezo” ao labor, tempo de descanso e vida familiar inflúe “directa e negativamente” na calidade da asistencia aos pacientes. “O inverno só acaba de comezar e habitualmente en Galicia adoita ser moi duro”, advirten.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído