14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

CCOO denuncia “opacidade” nas negociacións entre o Sergas e Povisa

O sindicato pide tomar como referencia o acordo básico pola saúde na área sanitaria de Vigo de 2006 e lembra que o resultado das conversas afectará ao persoal do hospital

29 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha protesta do comité de empresa de Povisa ante o Sergas. / Foto: Arquivo Unha protesta do comité de empresa de Povisa ante o Sergas. / Foto: Arquivo

O sindicato CCOO denunciou este luns que o Sergas e Povisa están a manter unhas negociacións para reconducir a situación do hospital privado nas que existe “opacidade” e nas que se está a deixar fóra “a outros axentes sociais implicados directa o indirectamente nas consecuencias” do que se pacte.

Neste senso, a plataforma incidiu en que “o mal acordo” do ano 2012 supuxo “empeorar” as condicións do persoal de Povisa e propiciou “recortes” en emprego e salarios, así como a “paralización” do convenio colectivo.

Por iso, vén de esixir que as negociacións tomen como punto de partida o acordo básico pola saúde na área sanitaria de Vigo asinado o 26 de xuño do 2006 pola conselleira de Sanidade, os sindicatos CCOO, UGT e CIG, os empresarios, o conselleiro delegado de Povisa e o vicerreitor de investigación da Universidade de Vigo.

Deste xeito, o sindicato quere que os traballadores do hospital privado recuperen o “emprego perdido” e que os traballadores poidan ter un “convenio digno”.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído