14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 10pm

Na busca do “azucre escondido”

Pacientes diagnosticados de diabetes asisten a un curso en Vigo para coñecer pautas que melloren os seus hábitos de vida e alimentación

08 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os participantes no curso. / Foto: EOXI de Vigo Os participantes no curso. / Foto: EOXI de Vigo

Na busca do “azucre escondido” en alimentos de uso cotián. Esta é unha das tarefas que realizou un grupo de pacientes da área sanitaria viguesa diagnosticados de diabetes durante o curso organizado pola EOXI de Vigo. Foron catro xornadas de catro horas cada unha nas que os doentes recibiron información e unha serie de pautas para mellorar a súa calidade de vida e alimentación.

Na presente edición do curso -é xa o sexto destas características que se realiza- participaron 32 pacientes e catro profesionais sanitarios. As xornadas están dirixidas a diagnosticados de diabetes polos seus respectivos facultativos.

Os diabéticos que realizan o curso conclúeno coa acreditación de “pacientes competentes”, unha vez que asistiron ás sesións teóricas e prácticas.

A enfermeira  Vicky Hierro, coordinadora dos cursos, asegura que “a recepción por parte dos diabéticos das pautas que lles ensinamos é moi boa; achegámoslles bibliografía, fixamos metas a cumprir de forma periódica; facémoslles chegar información sinxela sobre a enfermidade e as súas consecuencias; pero, sobre todo, concienciámoslles que poden levar unha vida plena a pouco que  identifiquen determinados factores e cóidense”.

Seguimento e control
As pautas serven para controlar os niveis de azucre que teñen en sangue e evitar, na medida do posible, que a enfermidade chegue a cotas máis avanzadas.

Algúns dos asistentes ao curso recibiron, de forma gratuíta, un dispositivo portátil para controlar os seus niveis. O aparello, ademais, almacena as medicións de cada un dos usuarios, coas medidas, a data e a hora en que se produciu o control, para que os seus facultativos ou o persoal de enfermaría teñan máis datos no momento de facer o seguimento de cada paciente.

A novidade do curso que vén de rematar é o compromiso adquirido, tanto polos asistentes como polos profesionais sanitarios que participaron, para manter unha reunión de avaliación da evolución dos resultados, nun prazo de 6 meses.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído