18102018Jue
Última edición: Jue, 18 Oct 2018 10am

Sergas e Povisa mellorarán a eficiencia do gasto farmacéutico

Ambas partes constituíron este xoves un comité de traballo para avanzar conxuntamente en solucións e garantir a tranquilidade de pacientes e persoal

04 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha paciente sendo atendida no hospital. / Foto: Povisa Unha paciente sendo atendida no hospital. / Foto: Povisa

Representantes do Sergas e de Povisa mantiveron este xoves unha nova reunión na que quedou constituído o comité de traballo no que se abordarán medidas para garantir o cumprimento e a eficiencia do concerto en vigor que asinaron ambos en 2014.

Nese sentido, a Administración sanitaria propuxo vías de mellora como asumir a xestión directa da medicación que se dispensa aos pacientes ambulatorios (non ingresados) da área de Vigo asignados ao devandito centro hospitalario.

A implantación desta medida permitiría axustar os gastos de farmacia que se viñan facturando ao Sergas aos parámetros de compra centralizada da rede pública de centros hospitalarios, mentres que Povisa responsabilizaríase só da prescrición e dispensación aos pacientes que ten asignados.

Con esta finalidade, xa se puxeron en contacto os técnicos que se encargarán da implantación das aplicacións informáticas que permitirán compartir as guías farmacoterapéuticas.

Garantías para pacientes e persoal
O Sergas lembrou a través dun comunicado que “segue a cumprir puntualmente coas obrigas que acordaron ambas partes no concerto asinado en 2014” e que mantén “abertas” as vías de diálogo para garantir “a tranquilidade” tanto da cidadanía da área de Vigo como do persoal de Povisa.

Con este obxectivo, seguiranse a manter contactos periódicos cos responsables do centro hospitalario para traballar conxuntamente en sistemas cos que avanzar no cumprimento do concerto acordado por ambas partes.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

vigo

  • El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años
    El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años El Olivo de Vigo está en plena forma. Una nueva tomografía encargada por el Concello ha constatado que su estado es “muy bueno” y que casi duplicó su volumen en los últimos cinco años. El árbol más representativo de la…
    Leer más...

sucesos

el tiempo

  • Últimas noticias

  • Más leído