22112018Jue
Última edición: Jue, 22 Nov 2018 10am

Os pacientes hospitalizados puntúan cun 9 ao Álvaro Cunqueiro

A última enquisa realizada polo Sergas para coñecer a opinión dos doentes valora especialmente as unidades de Hematoloxía, Neonatoloxía, Neuroloxía, Obstetricia e Coidados Paliativos

14 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Rubial presentou este venres os resultados da enquisa. / Foto: EOXI de Vigo Rubial presentou este venres os resultados da enquisa. / Foto: EOXI de Vigo

A confianza e o nivel de satisfacción dos pacientes hospitalizados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) consolídase, segundo os resultados da enquisa de satisfacción realizada pola Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Este documento dá unha puntuación dun 9 ao Álvaro Cunqueiro e dun 8,7 ao Meixoeiro. Os datos melloran en tres décimas os globais obtidos o ano pasado. A enquisa realizouse a 476 pacientes que permaneceron ingresados ao menos un día neste dous hospitais e que recibiron alta nos meses de febreiro, abril e xuño deste ano.

O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, presentou os resultados este venres aos profesionais sanitarios. A enquisa amplía o horizonte da realizada o ano pasado. Por un lado incrementa o universo en case 100 persoas máis, e por outro se inclúen apartados que non foran avaliados ata o de agora e que están relacionados cos procesos de humanización que leva a cabo a EOXI de Vigo.

As cifras que se reflicten na sondaxe melloran en todos os conceptos sobre os que se preguntou aos pacientes con respecto aos xa “moi bos” obtidos na enquisa realizada en 2017.

“Son resultados moi satisfactorios aínda que debemos perseverar no traballo diario para mellorar cada vez máis en beneficio da cidadanía”, expresou Félix Rubial.

Ademais da satisfacción global, na enquisa pediuse unha valoración sobre aspectos máis concretos como o trato e a amabilidade do persoal, a comodidade das instalacións, a tranquilidade para o descanso nocturno, a posibilidade de estar acompañado ou acompañada, a información recibida, a disposición para escoitar por parte do persoal, o respecto á intimidade, a axuda recibida para controlar a dor e a asistencia sanitaria en termos xerais.

O 59,6% dos 476 pacientes cuestionados foron mulleres, mentres o 40,7% foron homes. A idade media global foi de 53,3 anos. Unha cifra superior entre os homes, 61 anos, que nas mulleres, 48 anos. Por hospitais, as idades medias variaron, debido ás distintas patoloxías que se atenden en cada un deles. Así, no Álvaro Cunqueiro a idade media dos enquisados foi 45 anos, mentres que no Meixoeiro a cifra ascendeu aos 74 anos.

Satisfacción global
A análise dos datos por áreas asistenciais reflicte que as médicas e as de críticos alcanzaron un 9 sobre 10. Unha cifra que medra na área materno infantil (cun 9,1), mentres que a área cirúrxica queda nun 8,6.

Por unidades, as máis valoradas son Hematoloxía, Neonatoloxía, Neuroloxía, Obstetricia e a Unidade de Coidados Paliativos no Meixoeiro.

Por sexos, a satisfacción xeral é maior entre as mulleres, un 9 sobre dez, que nos homes, un 8,7.

Tres variables superan o 9 sobre dez
Dos nove apartados nos que se divide a enquisa hai tres que superan a nota dun 9 sobre dez. Un deles obtén a máxima puntuación e, curiosamente, trátase dun dos novos parámetros que se miden este ano: a posibilidade de estar acompañado ou acompañada durante a estancia do enfermo no hospital. Os outros dous, por orde de puntuación, son a asistencia sanitaria recibida e o trato do persoal

A satisfacción do paciente pola posibilidade de estar acompañado ou acompañada durante o ingreso alcanza as valoracións máis elevadas, cun 9,9 sobre dez, chegando á nota máis alta, un 10, entre os pacientes do Meixoeiro.

A segunda variable máis valorada é a atención sanitaria recibida. A enquisa mostra que segue en aumento. Os enquisados outórganlle un 9,3 sobre dez, medio punto máis que hai un ano. Unha nota que se consolida no sobresaínte, camiño da excelencia.

A percepción dos pacientes hospitalizados sobre o trato e a amabilidade do persoal crece considerablemente sobre a nota “alta” xa obtida hai un ano, e sitúase nun 9,2 sobre dez (en 2017 foi de 8,9). Un sobresaínte que se alcanza tanto no Álvaro Cunqueiro (9,2) como no Meixoeiro (9,3). As unidades mellor valoradas neste apartado son as de Obstetricia, Neonatoloxía e Xeriatría, esta última no Hospital do Meixoeiro.

Novidades
Ademais da valoración sobre os acompañantes, na enquisa deste ano a Xerencia da EOXI de Vigo introduciu outros novos parámetros para coñecer polo miudo a satisfacción dos pacientes coas medidas de humanización e aspectos asistenciais.

A tranquilidade para o descanso é unha desas novas variables. A valoración global é dun 8,3 sobre dez, con mellor percepción por parte das mulleres (8,5 fronte a o 8 outorgado polos homes).

Outra é a disposición para escoitar por parte do persoal ás preguntas ou dúbidas dos pacientes. O cómputo global neste apartado sitúase no notable alto cun 8,1 sobre dez. Unha cifra que mellora nas repostas das mulleres, alcanzando un 8,5.

A percepción dos pacientes en canto ao respecto á súa intimidade tamén obtivo unha nota global de notable alto: un 8,3 sobre dez. Curiosamente obtense a mesma nota media nos dous hospitais do Chuvi. As unidades mellor valoradas nesta dimensión da enquisa foron Dixestivo, Coidados Paliativos e Xinecoloxía.

E outra novidade foi a axuda para controlar a dor durante a hospitalización do paciente, cunha nota de 8,2 sobre dez. Puntuaron mellor esta variable os pacientes que estiveron no Meixoeiro, un 8,5 sobre dez. Por unidades, a mellor valoración foi para Cirurxía Xeral e Dixestiva, Neurocirurxía e Oncoloxía.

Información e comodidade
No mesmo senso que o resto das dimensións da enquisa, a información recibida polo paciente mostra un nivel de satisfacción en ascenso con respecto ao ano pasado. Obtén unha valoración global de 8,9 sobre dez, cando en 2017 foi dun 8,5. Só unha décima por encima da media está a valoración dos pacientes que estiveron no Meixoeiro, cun 9, unha cifra similar á que outorgan os homes. As unidades que recibiron unha mellor valoración neste apartado foron as de Hematoloxía, Neonatoloxía e Pneumoloxía.

Outra dimensión que xa se analizou o ano pasado é a comodidade das instalacións, que medrou considerablemente ao chegar a un 8,7 sobre dez, cando no 2017 era un 8,2. Unha subida que é estatisticamente relevante no Álvaro Cunqueiro, que consegue un 8,9 sobre dez, e que valoran moito máis positivamente as mulleres, que outorgan a este factor un 9,1 sobre dez .

Para finalizar Rubial dixo que “se trata dunha ferramenta de xestión fundamental que nos axuda a obxectivar a percepción real dos pacientes cos nosos servizos e, en consecuencia, constatar se a liñas de actuación adoptadas ao amparo do Plan Estratéxico son as correctas o que nos indican que camiñamos na dirección axeitada”.

En conclusión, “hai que agradecer publicamente aos profesionais a súa implicación coa mellora dos procesos asistenciais e coas políticas de humanización dirixidas ao paciente”, subliñou o xerente da EOXI de Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

movilidad

gastronomía

  • La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral
    La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral El Concurso de Tapas de Vigo ‘Petisquiño’ ha entregado este miércoles los premios a los ganadores de la quinta edición del certamen, organizado por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos). En él, el establecimiento Trepia Gastronomía,…
    Leer más...

transporte

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído