26092018Mié
Última edición: Mié, 26 Sep 2018 9am

Vigo recibe a 86 novos alumnos de Medicina

O Álvaro Cunqueiro abriu este luns o curso académico cos estudantes que realizarán o seu último ano do grao

10 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto de familia ás portas do Álvaro Cunqueiro. / Foto: EOXI de Vigo Foto de familia ás portas do Álvaro Cunqueiro. / Foto: EOXI de Vigo

A área sanitaria de Vigo recibiu este luns aos alumnos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago que cursarán sexto ano de grao nos centros sanitarios públicos vigueses. En total son 86 estudantes -58 mulleres e 28 homes-.

O salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro serviu de escenario para a recepción oficial deste curso académico, nun evento que estivo presidido polo xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial e polo coordinador de Docencia de Grao, José Ramón Fernández Lorenzo.

En xeral, na EOXI de Vigo hai un millar de alumnos e alumnas que están cursando estudos  de distintas disciplinas nos centros sanitarios. Con esta nova promoción de Medicina que agora se incorpora, consolídase a capacidade docente da sanidade pública viguesa “xa que o feito de elixirnos para completar o grao é unha decisión voluntaria por parte dos estudantes o que indica que dispoñemos dunha organización sanitaria perfectamente preparada para ofertar unha formación practica de calidade”.

Para facilitar a integración ponse a disposición dos alumnos unha Guía de Acollida na que ademais de información sobre a organización e datos prácticos sobre o seu curso, este ano se incluíu un Decálogo do alumno en prácticas. O primeiro punto reza: “Ofrecer ao paciente un trato humano e procurar o seu benestar”.

23 profesores asociados e 505 colaboradores
Os alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. A docencia deste curso será impartida por 23 profesores asociados e 505 colaboradores docentes da EOXI de Vigo.

En total, traballan sete materias: clínica médica, clínica cirúrxica, urxencias e servizos centrais, clínica obstétrica e xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os alumnos fan un horario de 8.00 á 15.00 horas e tamén realizan gardas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído