21082018Mar
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 12pm

As instalacións do banco de sangue do Chuvi reformaranse antes de 2019

Situado no Álvaro Cunqueiro, ocupará un espazo de 144 metros cadrados preto dos laboratorios de Microbioloxía e de Resposta Hospitalaria

10 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Reunión para asinar o contrato das obras. / Foto: EOXI de Vigo Reunión para asinar o contrato das obras. / Foto: EOXI de Vigo

O Banco de Sangue do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) ampliará e modernizará as súas instalacións antes de finais de ano. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asinou xa o contrato para o inicio das obras de adecuación do novo espazo que ocupará o Banco, no Hospital Álvaro Cunqueiro.

As novas instalacións ocuparán un recinto de 144 metros cadrados, incluíndo unha sala para o persoal, aseos e unha sala de neveiras. O Banco de Sangue estará situado entre os laboratorios de  Microbioloxía e de Resposta Hospitalaria, no segundo andar do bloque técnico do Álvaro Cunqueiro.

O orzamento de adxudicación da obra ascende a 161.084 euros, que está financiado ao 80% con fondos Feder da Unión Europea. O prazo de execución das obras garante que as novas instalacións do Banco de Sangue estean listas para o seu uso a finais deste ano, de acordo co contrato subscrito entre o Sergas e a empresa Copcisa S.A., adxudicataria dos traballos.

Dotacións
O novo espazo permitirá ampliar considerablemente as dimensións do actual. De feito o proxecto inclúe a ampliación do recinto actual, ademais dunha sala de aférese nova e un laboratorio de coagulación especial propio.

A xefa do Servizo de  Hematoloxía, a doutora Carmen Albo, que estivo presente no acto de sinatura do contrato, afirmou que “coas novas instalacións melloraranse as condicións do local actual e o manexo de todo o necesario para o Banco de Sangue coas súas novas dotacións”.

Actividade
O aprovisionamento de sangue para está coordinado coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas. Durante 2017 consumíronse 13.503 bolsas de sangue para transfusións. Para a súa preparación foron necesarias probas analíticas cruzadas de 24.385 mostras.

Ademais, no mesmo período utilizáronse 4.340 unidades de plaquetas, obtidas do sangue dun ou varios doadores, e 1.857 unidades de plasma.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

maltrato animal

deportes

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído