14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

CCOO denuncia falta de substitucións nos PAC da área de Vigo

O sindicato esixe unha maior previsión na organización dos calendarios e a cobertura de todas as ausencias

16 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O PAC do Porriño é un dos afectados, segundo CCOO. / Imaxe: Google Maps O PAC do Porriño é un dos afectados, segundo CCOO. / Imaxe: Google Maps

A Federación de Sanidade de Vigo do sindicato Comisións Obreiras (CCOO) denunciou este luns a falta de substitucións das ausencias do persoal facultativo que traballa nos puntos de atención continuada (PAC) e urxencias extrahospitalarias da área sanitaria de Vigo durante o período estival.

Segundo advirten, o persoal facultativo dos PAC da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo “está a padecer a falta de cobertura en moitas quendas de traballo”, situación que “se agrava polo aumento de frecuentación de doentes no verán”.

Así, aseguran que nesta pasada semana non se substituíron ausencias nos PAC de Redondela, Moaña, Porriño e A Guarda e que a dirección lles xustifica a falta de reemplazos pola “escaseza de profesionais”.

Desde CCOO esixen unha maior previsión na organización dos calendarios e a cobertura de todas as ausencias. Do mesmo xeito, instan a ofertar “contratos que favorezan a estabilidade” para este persoal no lugar de “mini-contratos que invitan aos profesionais a emigrar a outras comunidades” na procura de emprego seguro.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído