22112018Jue
Última edición: Jue, 22 Nov 2018 10am

Un ano de ciencia para os nenos e nenas do Álvaro Cunqueiro

O Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía e o hospital celebraron o aniversario da súa colaboración para facer chegar experimentos científicos aos pacientes hospitalizados en Pediatría

09 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Entrega da placa conmemorativa. / Foto: Chuvi Entrega da placa conmemorativa. / Foto: Chuvi

A colaboración entre o Laboratorio Internacional de Nanoteconología de Braga (INL) e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) cumpriu xa un ano, con actividades que se centraron na divulgación de experimentos científicos aos nenos e nenas hospitalizados no Álvaro Cunqueiro.

Con tal motivo, representantes e investigadores do ILN entregaron unha placa á Dirección do Chuvi, nun acto que coincidiu cunha nova sesión de ensinos científicos aos pacientes ingresados na planta de Pediatría.

Na placa, que recibiu o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, figura unha inscrición na que se pode ler: “International Iberian Nanotecnology Laboratory, en agradecemento pola confianza e colaboración entre o Hospital Álvaro Cunqueiro e a 'Mission NERD', con motivo do noso primeiro aniversario”.

O proxecto ten por obxecto mostrar aos cativos ingresados na planta de Pediatría experimentos sinxelos e próximos ao día a día como unha forma de facer a ciencia máis divertida.

O Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL) creouse no ano 2005, mediante un acordo entre os gobernos de España e de Portugal. Ten a súa sede na cidade portuguesa de Braga e traballa en estreita colaboración coa súa universidade.

Os obxectivos do INL son a captación de mozos e mozas investigadores en distintos campos da ciencia, así como a colaboración con institucións e empresas. É a primeira organización intergobernamental de Europa en Nanotecnoloxía e Nanociencia.

En Braga traballa na actualidade un importante número de científicos españois novos dos que unha boa parte son graduados e licenciados nas universidades galegas, sobre todo pola proximidade xeográfica.

O Laboratorio conta, entre o seu equipo de asesores internacionais, con eminentes profesores de universidades de todo o mundo: Nova York, Filadelfia, Los Ángeles, Virginia, Göttingen ou Karlsruhe.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

movilidad

gastronomía

  • La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral
    La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral El Concurso de Tapas de Vigo ‘Petisquiño’ ha entregado este miércoles los premios a los ganadores de la quinta edición del certamen, organizado por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos). En él, el establecimiento Trepia Gastronomía,…
    Leer más...

transporte

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído