14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

O Meixoeiro convértese nun museo para percorrer a historia da sanidade en Vigo

Esta exposición está enriquecida con novas pezas incorporadas aos fondos museísticos grazas as últimas doazóns

22 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A mostra foi inaugurada este venres no Meixoeiro. / Foto: Sergas A mostra foi inaugurada este venres no Meixoeiro. / Foto: Sergas

O Meixoeiro acolle unha nova exposición do Museo Sanitario de Vigo, dando resposta a un dos criterios inspiradores de MUSAVI, o de “musealizar os centros sanitarios”.

Esta exposición está enriquecida con novas incorporacións, que viron a incrementar de xeito moi significativo os fondos do Museo. Así, ao inventario de 500 pezas xa identificadas e catalogadas, engádeselle un novo bloque de documentación e mostras que seguen chegando de doazóns de particulares trala presentación pública do Museo, hai medio ano. As últimas doazóns foron as realizadas polos médicos Ruiz Ochoa e Rodríguez Costa, así como polas familias dos doutores Telmo Pérez, Enrique Cobas e Martín e Fernando Lago, que entregaron ao Museo 150 pezas, entre aparellos e equipamento médico-cirúrxico. A maiores, numerosos libros e documentación histórica que están en proceso de catalogación.

O xerente da EOXI, Felix Rubial, inaugurou esta exposición, acompañado polo presidente do comité organizador de MUSAVI, Xan Vieito, e da representante do persoal xubilado nese comité, Luisa Torres. Tamén asistiron representantes dalgunhas das últimas familias doadoras, como a do doutor Enrique Cobas, e xefes de servizo e persoal que traballa no Meixoeiro.

No transcurso da inauguración, tanto Rubial como Vieito puxeron de manifesto a magnífica acollida deste proxecto, que xa conta coa adhesión de moitos profesionais da sanidade e da mesma cidadanía, e expresaron o agradecemento a todos aqueles doadores de pezas e material da historia sanitaria, xa que ao final “o museo somos todos; é un proxecto participativo, que recolle as testemuñas, as lembranzas e as emocións do noso pasado común”.

Pezas expostas
A mostra inaugurada conta cunha selección das pezas máis representativas, e xa restauradas e catalogados do MUSAVI, xunto con estas novas incorporacións.

Cabe subliñar un importante equipo de Oftalmoloxía, propiedade do doutor Telmo Pérez, composto por unha Mesa xiratoria con capacidade para catro aparellos para examinar e graduar a vista, e un Electroimán cirúrxico empregado entre as décadas dos anos vinte e cincuenta para a extracción de corpos estraños dos ollos.

Tamén un espectacular Equipo de raios X da década dos anos trinta, unha tecnoloxía que permitía visualizar todos os órganos do corpo mediante a utilización de substancias radioopacas, doado pola familia de Enrique Cobas; así como un equipo de Electroterapia e outro de Diatermia dos anos cincuenta doado polo cirurxián Rodriguez Costa.

Ademais, pódese contemplar numeroso instrumental médico cirúrxico; sobre todo de Uroloxía como cánulas e antisépticos, xunto con “curiosidades” da época como diversos preparados e bálsamos, doados pola familia dos doutores Martín e Fernando Lago

A maiores destas novidades, tamén expóñense as pezas que forman parte da mostra permanente como un Microcoscopio monocular de 1925; o Vaso Train, equipo de terapia por compresión ao vacío do servizo de Cirurxía Vascular empregado para mellorar a circulación da sangue dos membros inferiores; unha Balanza de precisión de Anatomía Patolóxica; ou unha Bicicleta de rehabilitación que combinaba o exercicio coas manualidades.

Outros dos elementos máis “anecdóticos” que se poden ver son o primeiro ecógrafo adquirido polo Sergas en Vigo; ou a uniformidade do persoal do hospital dos anos 50, en concreto os uniformes que levaban as camareiras, as auxiliares e as enfermeiras daquela época.

A meirande parte desta mostra xa está subida á web do MUSAVI onde pódese ampliar a información dos aparellos, documentación e libros xa catalogados con marcas, datas e inscricións específicas.

No momento actual, estase a recoller toda a información posible sobre as pezas e mostras que van chegando para ser subidas ó Museo Virtual, debidamente catalogadas coas súas correspondentes fichas.

Chamamento á poboación
Desde MUSAVI vólvese facer un chamamento a todos aqueles cidadáns que poidan gardar información, pezas ou documentación sanitaria dos seus antergos coa finalidade de que poidan ser cedidas ao Museo en condición de doadores, por tratarse dun ben común e servir como instrumento de divulgación científica.

Poden contactar co museo a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 986 09 14 24

Primeiro Museo sanitario integral de España
O MUSAVI é unha iniciativa da EOXI de Vigo co obxecto de preservar a historia e o patrimonio da sanidade da área viguesa. Trátase do primeiro museo sanitario integral de España, que nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde.

Xurdiu como consecuencia da reordenación da área sanitaria, que permitiu tomar conciencia da existencia de determinada documentación, equipamento, e tecnoloxía, con valor histórico, científico e artístico, que é preciso conservar.

Ademais, o MUSAVI facilita o acceso virtual a través da web, https://www.museosanitariovigo.es, que pouco a pouco vai ampliando contidos.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído