22082018Mié
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 7pm

O Cunqueiro retransmitirá intervencións xinecolóxicas a hospitais latinoamericanos

O hospital vigués levará a cabo esta actividade no marco do XI Congreso de Endoscopia Xinecolóxica que acolle o auditorio Mar de Vigo

13 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O hospital Álvaro Cunqueiro. / Foto: Arquivo O hospital Álvaro Cunqueiro. / Foto: Arquivo

Nos próximos dous días, o Álvaro Cunqueiro converterase no centro da endoscopia xinecolóxica mundial ao retransmitir a través da internet unha ducia de intervencións xinecolóxicas desde os quirófanos do hospital a países latinoamericanos.

Esta retransmisión se realizará no marco do XI Congreso de Endoscopia Xinecolóxica da Sociedad Española de Ginecología y Obstetricia (SEGO), que se celebra o xoves e o venres no Palacio de Congresos Auditorio Mar de Vigo. Ademais, tamén se retransmitirán estas operacións en directo ao auditorio, onde os 600 asistentes ao congreso poderán visualizar en tempo real estas intervencións.

Nestas xornadas -organizadas conxuntamente polos servizos de Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, do Complexo de Pontevedra e de Povisa-, analizarase a situación actual da endoscopia xinecolóxica, destacando o gran impacto que ten a laparoscopia no tratamento cirúrxico da práctica totalidade de patoloxías como a benigna e maligna de útero, ovarios e trompas de Falopio; a patoloxía do solo pélvico; malformacións, etcétera. Tamén centrarase na histeroscopia para o tratamento da patoloxía intrauterina, pólipos, miomas, malformacións, sangrados anormais, e esterilidade.

Segundo comenta un dos codirectores do comité organizador, Luis Alba, “trátase de técnicas e procedementos minimamente invasivos, que aportan moitas vantaxes sobre a cirurxía aberta, entre as que poden subliñarse a diminución da dor, dos dias de ingreso hospitalario, ou do risco de infeccións, permitindo as pacientes unha recuperación moito máis rápida”.

“Con todo, aínda que os beneficios son incuestionables, aínda hai países que non as utilizan de xeito sistemático, por iso é tan importante estas xornadas prácticas, que teñen tamén unha finalidade docente e de perfeccionamento continuo, para dar a coñecer e facer extensivas este tipo de técnicas”, engade Alba.

O Chuvi, á vangarda nestas técnicas
A día de hoxe, excepto algunha intervención de gran complexidade que requira cirurxía aberta, case a totalidade das patoloxías poden abordarse por vía laparoscópica.

O servizo de Xinecoloxía do Chuvi acredita gran experiencia no emprego destas técnicas, sendo un dos centro nacionais líderes no seu manexo. Así, desde hai tempo, tamén veñen realizando patoloxías oncolóxicas con estes procedementos, efectuando máis dun cento de operacións anuais de cáncer xinecolóxico.

Ademais da retransmisión da cirurxía, o programa do congreso contará tamén con relatorios de actualidade e foros de debate que permitirán a convivencia e o traballo en equipo entre todos os participantes.

En xeral, colaborarán máis de 60 profesionais entre relatores, cirurxiáns e moderadores de sobrada cualificación e excelencia, tanto nas cirurxías como nas conferencias.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

camino de Santiago

sucesos

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído