22112018Jue
Última edición: Jue, 22 Nov 2018 10am

Neurólogas do Chuvi imparten un curso de esclerose múltiple para atención primaria

O obxectivo é coordinar o traballo entre os distintos niveis asistenciais. A unidade específica para esta enfermidade atende a uns 600 pacientes na área de Vigo

11 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
De esquerda á dereita, César Sánchez, enfermeiro da Unidade; e as neurólogas Elena Álvarez, Inés González e Marta Aguado?. / Foto: Chuvi De esquerda á dereita, César Sánchez, enfermeiro da Unidade; e as neurólogas Elena Álvarez, Inés González e Marta Aguado?. / Foto: Chuvi

Neurólogas do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) impartirán un curso de actualización sobre a esclerose múltiple (EM), especialmente dirixido ao persoal sanitario de Atención Primaria da área de Vigo, tanto facultativos como profesionais de enfermería dos centros de saúde. É a enfermidade do sistema nervioso máis común entre adultos novos e supón a segunda causa de discapacidade en persoas novas, só por detrás dos accidentes de tráfico. Descoñécese a súa orixe e tampouco ten cura coñecida.

O principal obxectivo do curso, que se celebra o 13 de xuño no hospital Álvaro Cunqueiro, pasa por estreitar a coordinación entre os dous niveis asistenciais, a fin de conseguir melloras na abordaxe da enfermidade.

“Os últimos avances no coñecemento da esclerose múltiple outorgan cada vez maior importancia ao diagnóstico precoz e ao uso de medicamentos específicos, mellorando o prognóstico”, afirma a doutora Marta Aguado, relatora do curso xunto á doutora Elena Álvarez.

O proxecto pretende mellorar a información que manexan os facultativos de Atención Primaria sobre a enfermidade, orientada a un diagnóstico precoz. Ao mesmo tempo, establecer criterios claros para a derivación do pacientes desde o seu centro de saúde á consulta especializada no hospital. E ademais, mellorar o manexo do paciente en Atención Primaria facilitando o seguimento adecuado do enfermo.

A doutora Aguado aclara que “os novos fármacos que apareceron nos últimos anos dispénsanse, na súa maioría, no hospital e son medicamentos que necesitan dun control de riscos; por ese motivo, é bo que os médicos de Familia dos pacientes poidan implicarse nese control”. De feito, hai medicamentos que, no seu tratamento máis agresivo, poden conseguir un control da enfermidade de ata o 80%.

En decembro do ano pasado a unidade xa realizou outro curso sobre a esclerose múltiple. Naquela ocasión centrouse en coñecer as inquedanzas dos pacientes e informar aos seus familiares ou achegados.

600 pacientes
A Unidade específica de Esclerose Múltiple do Chuvi atende a case 600 pacientes que sofren esta enfermidade do Sistema Nervioso Central na área sanitaria de Vigo.

“A EM é unha enfermidade crónica que cursa en brotes que non sempre se recuperan por completo e progresivamente pode ir aumentando a discapacidade dos pacientes cun deterioro progresivo da calidade de vida”, explica a neuróloga Marta Aguado.

Ademais da discapacidade física, en ata un 80% dos pacientes aparece fatiga como consecuencia da enfermidade e trastorno do ánimo. A fatiga é un síntoma que supón un deterioro importante da calidade de vida pero que, como non se pode medir, o paciente pode ser incomprendido. A neuróloga do Chuvi sinala que “cos tratamentos actuais podemos modificar a evolución natural da enfermidade, por iso é importante unha abordaxe precoz”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

movilidad

gastronomía

  • La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral
    La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral El Concurso de Tapas de Vigo ‘Petisquiño’ ha entregado este miércoles los premios a los ganadores de la quinta edición del certamen, organizado por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos). En él, el establecimiento Trepia Gastronomía,…
    Leer más...

transporte

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído