07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

Unha clase de experimentos para os nenos do Álvaro Cunqueiro

Investigadores do laboratorio de Nanotecnoloxía de Braga organizaron un obradoiro científico para os cativos ingresados en Pediatría

25 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O obradoiro impartido este venres. / Foto: Chuvi O obradoiro impartido este venres. / Foto: Chuvi

Investigadores do Laboratorio de Nanotecnoloxía de Braga realizaron este venres un obradoiro de experimentos científicos moi sinxelos dirixido aos nenos e nenas  ingresados na planta de Pediatría do Álvaro Cunqueiro. Con esta actividade conmemoraron o primeiro aniversario do desenvolvendo o proxecto ‘Mission Nerd’ (Nanotecnoloxía, Educación e Demostracións prácticas) no hospital, e que ten como obxectivo desmitificar os traballos de investigación e achegalos á cidadanía.

A actividade enmárcase nas directrices do Plan Estratéxico da área sanitaria de Vigo de achegar aos pacientes o coñecemento dos traballos científicos, de investigación ou asistenciais.

Trátase de aproximar aos nenos e nenas hospitalizados determinados experimentos moi simples, a fin de que a ciencia sexa unha actividade máis divertida para os máis pequenos en idade escolar.

No proxecto portugués están implicados 23 científicos pertencentes ao Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía INL. A iniciativa quere estenderse aos hospitais de Portugal e España para usuarios de todas as idades e non só para os máis pequenos.

As demostracións prácticas aos pequenos pacientes do Álvaro Cunqueiro consistiron, entre outras, en ver nanopartículas, medir a altura en nanómetros ou vestirse como nanocientíficos.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído