12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

O persoal de enfermería segue cos peches no Álvaro Cunqueiro

Un grupo de traballadoras pasou de novo a noite no vestíbulo do centro sanitario. Convocada unha nova protesta para o vindeiro xoves 24

16 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Peche no Álvaro Cunqueiro. / Foto: CIG Peche no Álvaro Cunqueiro. / Foto: CIG

Os Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo continúan cos peches de 24 horas no interior do centro sanitario para rexeitar a decisión da dirección de impoñerlles a obriga de transportar as bolsas de roupa sucia dende as portas dos cuartos até os puntos de recollida, función que até o de agora asumía a empresa concesionaria do servizo de limpeza.

Un grupo de traballadoras pasou de novo a noite no vestíbulo do centro sanitario para esixirlle á xerencia que dea marcha atrás nunha decisión que está a provocar un empeoramento da calidade asistencia, xa que consideran que esta nova función réstalles tempo de atención aos pacientes.

Isto a pesar de que a dirección do centro médico volveu solicitar a presenza da policía, que nesta ocasión lles comunicou que tiñan que retirar a tenda de campaña instalada na entrada do hospital e os carteis alusivos a ao conflito laboral. As afectadas optaron por retirar unicamente a tenda de campaña.

Xa pola mañá, unha vez rematado o peche, as traballadoras recibiron a solidariedade dos compañeiros do servizo de limpeza. Tamén celebraron unha asemblea na que se decidiu convocar un novo peche de 24 horas para o vindeiro xoves 24.

Igualmente, acordouse facer un chamamento a todas as categorías laborais para que participen nunha concentración ese mesmo día ás 12:00 horas na entrada principal do hospital para rexeitar “un modelo de xestión que comezou reclasificando a lavandeiras, pinches e cociñeiros, seguiu cos celadores, agora tócalle ás TCAE, e non sabemos que colectivo profesional pode ser o próximo afectado”.SolidariedadePersoalLimpezaTCAEcunqueiro

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído