25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 5pm

75 residentes finalizan a súa formación como especialistas no Chuvi

Recibiron a orla oficial nun acto que se celebrou no hospital Álvaro Cunqueiro e no que se entregaron os premios Rosa Díaz, que recoñecen as mellores publicacións e sesións clínicas realizadas

16 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto de familia dos residentes. / Foto: EOXI de Vigo Foto de familia dos residentes. / Foto: EOXI de Vigo

O hospital Álvaro Cunqueiro acolleu o acto de despedida dos 75 residentes que concluíron este ano o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras. Os novos facultativos pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos.

O acto de despedida estivo presidido polo xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, que felicitou en primeiro lugar aos novos especialistas, aos que animou a “empregar a formación recibida en manterse comprometidos cun dos piares fundamentais do estado do benestar como é a sanidade pública e universal”.

Ademais, subliñou que “contamos xa nestes momentos cun grupo importante de formadores que dedican boa parte do seu tempo para achegar os seus coñecementos para os novos especialistas”, en referencia ao importante cadro docente co que xa conta a EOXI de Vigo. A docencia é unha das liñas de actuación do Plan Estratéxico que está en vigor na área sanitaria de Vigo

Durante o acto impartiuse unha lección maxistral, que este ano correu a cargo do doutor Julio Montes, especialista en Medicina Interna, que falou sobre ‘Celebridades e saúde: claroscuros dunha controversia’.

Os novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional da  EOXI de Vigo.

Premios de investigación
No transcurso do actos fíxose entrega, ademais, os premios Rosa Díaz á investigación dos residentes durante a súa etapa de formación, que recoñecen as mellores publicacións en revistas especializadas e mellores sesións clínicas xerais.

O primeiro premio foi para Mariña Gándara Cortés, residente de Anatomía Patolóxica, polo seu traballo “Discriminación de  subtipos de cancro de mama usando  inmunohistoquímica e análise de imaxe dixital”, publicado en  Virchows Arquives.

O segundo galardón recaeu en  Marinha Costa Rivas, residente en Oncoloxía Médica, polo seu traballo “Quimiorradiación para tumores pulmonares de células non-pequenas en estadio III con Cisplatino, Vinorelbine e radioterapia torácica: un estudo en fase II do grupo de tumor pulmonar galego”, publicado na revista  Clinical  and  Translational  Oncology.

E para o terceiro posto o xurado elixiu dous traballos diferentes. Por unha banda distinguiu a José Luis  Thenier Villa, residente de  Neurocirurxía, polo seu traballo “Reosificación incompleta despois de cirurxía de  craniosinostosis, incidencia e análise dos factores de risco: un estudo clínico-radiolóxico”, publicado na revista Journal Neurosurgery  Pediatrics. E doutra banda, a Rafael Cobas Paz, residente de Cardioloxía, polo seu traballo “Asociación entre os escores de risco isquémico e de sangrado e o uso dos novos  inhibidores plaquetarios en pacientes con síndrome coronaria agudo”, publicado na Revista Española de  Cardiología.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído