19012019Sáb
Última edición: Vie, 18 Ene 2019 9pm

O Sergas defende a normalidade na recollida de roupa sucia e critica a Caballero

Os responsables sanitarios non viron con bos ollos a recepción aos TCAEs na Alcaldía: “Sorprende que ningún dos profesionais da área sanitaria que teñen acadado éxitos nacionais ou internacionais fosen recibidos en audiencia”

15 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A reunión de Caballero co persoal do hospital. / Foto: Concello de Vigo A reunión de Caballero co persoal do hospital. / Foto: Concello de Vigo

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) defendeu este martes que a recollida e traslado da roupa sucia aos puntos habilitados no hospital Álvaro Cunqueiro estase realizando “con normalidade” tanto nas unidades onde sempre se fixo como naquelas nas que se interrompeu temporalmente.

Nun comunicado posterior ás novas protestas que levou a cabo este martes o persoal de enfermería, tamén criticou fortemente ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, por recibir pola mañá a unha representación sindical dos Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE).

“Lamentamos profundamente a utilización que se está a facer por parte do alcalde de Vigo dun conflito laboral deste estilo, cometendo unha grave irresponsabilidade ao alentar actitudes que poñen en risco a seguridade dos pacientes ou chamar directamente á insubordinación contra todo criterio normativo. Sorprende sobremaneira que ningún dos profesionais da área sanitaria que teñen acadado éxitos nacionais ou internacionais fosen recibidos en audiencia nin teñan sido merecentes do máis mínimo recoñecemento por parte do señor Caballero”, expresa o Sergas no seu comunicado.

Ademais, a dirección do Álvaro Cunqueiro asegura que entende “toda reivindicación laboral” coma “lexítima” pero pediu aos traballadores que as fagan “a través das canles establecidas”. Deste xeito, solicitan que non se volva incorrer en actos “que comprometan o normal funcionamento do hospital”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

balance

dep

economía

comarcas

sanidad

  • Povisa renueva su área de partos
    Povisa renueva su área de partos Povisa ha reestructurado y renovado su área de partos con el objetivo de mejorar la comodidad de las mujeres que van a dar a luz en el hospital y facilitar que todo el proceso, desde la dilatación hasta el propio…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído