13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 2pm

Os quirófanos do Chuvi volven á normalidade un mes despois

O Álvaro Cunqueiro retomará a totalidade da programación, de mañá e tarde, a partir do vindeiro luns despois dos problemas sufridos co proceso de esterilización

11 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Álvaro Cunqueiro recupera a súa actividade cirúrxica. / Foto: Arquivo O Álvaro Cunqueiro recupera a súa actividade cirúrxica. / Foto: Arquivo

Os quirófanos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) normalizarán a súa actividade a partir da próxima semana, é dicir, un mes despois de iniciárense os problemas no proceso de esterilización do material cirúrxico nos distintos hospitais da área sanitaria.

Así, o vindeiro luns o Álvaro Cunqueiro retomará a totalidade da súas intervencións extraordinarias ao programar xa os tres quirófanos diarios habituais das tardes. Ademais, recupera tamén a cirurxía ortopédica, substituída nas últimas semanas por outros procedementos traumatolóxicos.

O Chuvi realiza semanalmente unha media de 600 intervencións cirúrxicas, en xornada de mañá e tarde, 400 no Meixoeiro e 200 no Cunqueiro; isto é, os profesionais operan diariamente a unha media de 120 pacientes.

Coa recuperación do ritmo habitual da actividade cirúrxica, dáse por resoltas as incidencias rexistradas nas últimas semanas nos colectores do instrumental cirúrxico, que se viu contaminado con óxido de aluminio, o cal limitou a actividade habitual.

Nun comunicado, a dirección da área sanitaria viguesa quixo reiterar o seu agradecemento aos profesionais, tanto da Central de Esterilización como aos cirúrxicos, pola profesionalidade e o compromiso demostrado  na busca de solucións alternativas para minimizar as posibles repercusións asistenciais.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído