11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 6pm

O Sergas retira en Vigo 400 caixas de esterilización de material cirúrxico

Tras efectuar o lavado manual de 600 contedores -do total de 1.892 dispoñibles- recuperáronse 200 caixas

16 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Mano de un trabajador del Cunqueiro manchada por óxido de aluminio. / Foto: Cedida Mano de un trabajador del Cunqueiro manchada por óxido de aluminio. / Foto: Cedida

A Estrutura Orgánica de Xestión Integrada da área sanitaria de Vigo informou este luns de que continúa desenvolvendo actuacións para garantir a realización da actividade cirúrxica que se viu alterada a pasada semana polos problemas nas caixas con instrumental esterilizado.

"Na xornada de hoxe realizouse a actividade planificada, sen que fose necesario reprogramar algunha intervención por motivos derivados dos problemas de esterilización nos contedores", explica o Sergas nun comunicado.

En relación coas medidas adoptadas para a validación da correcta esterilización dos contedores, destaca que a pasada fin de semana efectuouse o lavado manual de 600 deles, do total dos 1892 dispoñibles, e posteriormente introducíronse no túnel de lavado coas novas especificacións técnicas prefixadas. Tras este reprocesamento foron recuperadas 200 caixas que están en condicións de incoporarse de novo no circuito da esterilización. O resto foron retiradas para a súa reposición.

Nos próximos días continuarase con esta medida, co obxecto de validar individualmente os contedores restantes. Ademais, de xeito inmediato iniciase o procedemento para a adquisición, pola vía de urxencia, dos contedores necesarios para repoñer aqueles que foron descartados nesta primeira avaliación.

Mentres os técnicos seguen desenvolvendo os estudos para determinar as causas que provocaron a aparición de óxido de aluminio na superficie dos contedores, o pasado venres procedeuse a modificar o conxunto de parámetros físicos e químicos do proceso integral de esterilización.

"Co obxecto de minimizar repercusión asistencial desta situación, procederase a unha validación diaria da actividade cirúrxica programada, para manter intacta a cirurxía prevista en xornada de mañá, tal e como ten acontecido coa programación deste luns. Así, para este martes, están programadas 108 intervencións cirúrxicas (71 en Meixoeiro e 37 no Álvaro Cunqueiro)", conclúe o Sergas.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

laboral

  • Últimas noticias

  • Más leído