22092018Sáb
Última edición: Sáb, 22 Sep 2018 10pm

Máis de 300 profesionais sanitarios do área de Vigo no programa RedCasa

Médicos de familia, pediatras e profesionais da enfermaría son formados no lugar de traballo e no tempo de traballo, empregando técnicas de simulación avanzada de situacións reais

15 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O obxectivo é adestrar ao persoal sanitario de Atención Primaria co foco posto na emerxencia cardiovascular. / Foto: Sergas O obxectivo é adestrar ao persoal sanitario de Atención Primaria co foco posto na emerxencia cardiovascular. / Foto: Sergas

Un total de 324 profesionais de 24 centros de saúde da EOXI de Vigo, participarán no programa RedCasa (Rede de Capacitación Sanitaria) da Consellería de Sanidade, que ven de iniciarse nesta área sanitaria. Son 146 médicos de familia, 30 pediatras e 148 profesionais de enfermaría os que recibirán formación específica a través deste programa.

O programa, impartido en Vigo por un total de 32 instrutores, está dirixido a aumentar a seguridade do paciente por medio do adestramento dos equipos de profesionais sanitarios empregando técnicas de simulación avanzada. O obxectivo é adestrar ao persoal sanitario de Atención Primaria co foco posto na emerxencia cardiovascular.

Simulación
A Rede de Capacitación Sanitaria (RedCasa) é un proxecto de adestramento dos profesionais do Servizo Galego de Saúde que ten por obxectivo capacitar aos profesionais durante o tempo de traballo e no lugar de traballo, mediante a simulación no manexo das situacións relacionadas coa patoloxía tempo dependente. A metodoloxía, coñecida como simulación, supón remedar na medida do posible as condicións de asistencia reais aos pacientes, para que as habilidades e destrezas adquiridas durante o adestramento sexan aplicables ao máximo na vida real.

É un proxecto impulsado por ACIS (Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde) e organizado pola EOXI de Vigo que combina innovación formativa, organizativa e tecnolóxica, integrando o adestramento dos profesionais dentro da súa xornada laboral e no seu lugar de traballo, a través dunha plataforma de avaliación competitiva das competencias, co emprego de criterios de avaliación de obxectivos parametrizables que asocian este adestramento a resultados en saúde sobre pacientes reais dunha forma sinxela e poboacional.

REDCASA céntrase neste primeiro ano de implantación nun colectivo de profesionais: o persoal sanitario de Atención Primaria, que exerce a súa profesión en moitas ocasións de forma illada, lonxe de centros de referencia e, en ocasións, fóra do alcance dos recursos avanzados do sistema de emerxencias (FPUSG-061). O obxectivo principal do proxecto é a seguridade do paciente, por iso alcanza o 100% dos profesionais poñendo o foco na formación en emerxencia cardiovascular.

Emerxencias cardiovasculares
A cardiopatía isquémica é a primeira causa de morte no mundo. En Europa, as enfermidades cardiovasculares supoñen ao redor do 40 % do total de mortes en menores de 75 anos. A maioría das mortes evitables débense a enfermidades coronarias e ocorren no medio extrahospitalario, estimándose que a parada cardíaca súbita é a responsable de máis do 60 % das mortes de adultos por enfermidade coronaria.

A supervivencia da morte súbita está intimamente ligada a unha serie de accións que se denominan cadea de supervivencia. O primeiro elo desta cadea estaría constituído polo recoñecemento precoz do risco de parada cardiorrespiratoria ( PCR) e aviso aos servizos de emerxencia médicos. Os elos centrais representan a integración da reanimación cardiopulmonar ( RCP) e a desfibrilación como compoñentes fundamentais da resucitación temperá para tentar restaurar a vida. A RCP inmediata pode dobrar ou triplicar a supervivencia da PCR por FV. Cada minuto de atraso na desfibrilación reduce a probabilidade de supervivencia nun 7-10 %. Por iso, é necesario adestrar no lugar do traballo no tempo de traballo aos nosos profesionais e por iso, as primeiras accións formativas de REDCASA se basearán na formación en emerxencias cardiovasculares.

Mellorar a asistencia
Os obxectivos principais do programa son: recoñecer o síntomas inminentes de parada cardiorespiratoria; coñecer os mecanismos de alerta ao sistema de emerxencias médicas; organizarse adecuadamente en caso dunha parada cardiorespiratoria; realizar manobras de RCP de calidade obxectivable; coñecer e manexar correctamente os recursos de que dispón cada centro de saúde e xerar coñecemento entre os profesionais.

Un instrutor por cada catro profesionais sanitarios intervirán na formación, preferentemente combinados de médicos e persoal de enfermaría, tanto entre os instrutores como entre os asistentes á acción formativa. Os instrutores procederán, polo xeral, do ámbito extrahospitalario, para ser coñecedores do entorno de traballo (PACs, 061, centros de saúde...). Cada unha das edicións terá unha duración de dúas horas.

Cada edición formativa que se desenvolva nos centros de saúde terá unha parte explicativa da actividade para familiarizarse coa mesma e unha parte práctica con simulación avanzada. A finalidade é revisar os procedementos que se levan a cabo para identificar posibles puntos de mellora nas condicións o máis semellantes posibles á práctica clínica diaria. Para iso, simularanse casos baixo a sistemática de traballo en equipo, reparto de roles, comunicación co equipo, o paciente e o entorno, adestramento no proceso e no uso das habilidades necesarias. A actividade rematará coa avaliación do adestramento do equipo mediante instrumentos de medida de competencias, denominados rúbricas.

Con estas innovadoras accións formativas o Sergas busca mellorar asistencia aos pacientes, xa que esta dependen en gran medida do óptimo funcionamento dunha cadea de coidados perfectamente coordinada, na que os profesionais que individualmente posúen os coñecementos, habilidades e capacidades necesarias, se integran nela de forma ordenada, achegándolle en cada momento o necesario ao equipo asistencial para obter o mellor resultado en saúde para o paciente.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

in memoriam

  • Hasta pronto, Juan Costa
    Hasta pronto, Juan Costa Los Bancos de Alimentos de la Federación Española (Fesbal), llevamos en nuestros estatutos los principios de ser aconfesionales y apolíticos. Sin embargo, los voluntarios que los componemos, al margen de ser libres para elegir personalmente cualquier opción político/religiosa, somos seres…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído