18072018Mié
Última edición: Mar, 17 Jul 2018 9pm

O Sergas modifica o proceso de esterilizado de instrumental en Vigo

Co obxecto de solventar esta incidencia coa máxima celeridade, os técnicos propuxeron unha actuación global, sobre todos os posibles factores que puideran contribuír á aparición do oxido de aluminio

13 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Óxido de aluminio nas más dun traballador. / Foto: Cedida Óxido de aluminio nas más dun traballador. / Foto: Cedida

Os informes técnicos do laboratorio especializado en análises de metais e da propia empresa subministradora dos contedores -coordinados polo servizo de Medicina Preventiva- confirmaron que as partículas brancas detectadas nos contedores do instrumental cirúrxico son óxido de aluminio das propias caixas, segundo informou o Sergas.

De xeito paralelo ao estudo que se está desenvolvendo para determiñar a causa concreta desa alteración do metal, e co obxecto de solventar esta incidencia coa máxima celeridade e no menor tempo posible, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este venres de que os técnicos propuxeron unha actuación global, despregando unha batería de medidas para intervir sobre todos os posibles factores que puideran contribuír á aparición do oxido de aluminio, e solventar así, de xeito definitivo, este suceso.

"A finalidade é reducir o nivel de agresividade do proceso integral de tratamento do material, o que implica actuar sobre mecanismos físicos e químicos, sempre no rango das recomendacións estándar da esterilización. Así, nos próximos dous días -aproveitando que as fins de semana non hai actividade cirúrxica programada- implementaranse as seguintes medidas: retirar o acelerante de secado no túnel de lavado de contedores; reducir a temperatura da auga de lavado; cambiar a tipoloxía de deterxente; e reducir a concentración de deterxente e de humectante", explica o comunicado.

Unha vez introducidos estos cambios, efectuarase un lavado manual de arrastre de todos os contedores. "Para isto, tense reforzado todas as quendas de traballo da Central de Esterilización. Posteriormente, realizarase un lavado no túnel cos novos parámetros prefixados", engade o Sergas antes de explicar que no caso de que, unha vez sometidos a esta hixienización, aínda non reuniran as condicións sanitarias requeridas, procederíase a cambiar todos aqueles que fosen precisos.

En canto á actividade cirúrxica prevista para o próximo luns día 16, o Sergas asegura que mantén toda a programación ordinaria, un total de 108 intervencións (73 en Meixoeiro e 35 no Cunqueiro). "O único cambio introducido na programación foi a substitución da cirurxía ortopédica de pacientes de lista de espera por pacientes con fracturas xa ingresados no hospital, situación que entra na práctica organizativa habitual, de ser necesaria", conclúe.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

festival

crossfit

  • Comienza la modernización del transporte
    Comienza la modernización del transporte Uno de los indicadores más claros del progreso de una sociedad es la calidad de su transporte públilco. El próximo año finaliza la mayor parte de las concesiones de autobús que recorren cada día la geografía gallega y que fueron…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído