13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Este mércores, primeira xornada de folga na sanidade privada

Os traballadores, que ratificaron a convocatoria e as protestas propostas polas centrais sindicais, tamén pararán os días 14, 21, 26 e 27

06 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os traballadores do centro médico HM Vigo 'El Castro' son algúns dos que irán a folga. Os traballadores do centro médico HM Vigo 'El Castro' son algúns dos que irán a folga.

Os empregados das clínicas privadas sen convenio propio da provincia de Pontevedra ratificaron en asemblea os pasados 27 e 28 de febreiro a convocatoria de cinco días de folga propostas pola CIG, CCOO e UGT para reclamar un convenio colectivo digno ante unha oferta patronal que consideran “unha burla” ao entender que se atopa moi lonxe das necesidades dos traballadores. Os paros, que incluirán concentracións diante de centros sanitarios de Vigo e Pontevedra, terán lugar este mércores 7 e os días 14, 21, 26 e 27 de marzo.

O empresariado do sector oferta para os anos 2014, 2015 e 2016 unha paga non consolidábel dun “ridículo” 0,65% e subas salariais para 2017, 2018 e 2019 do 1,25%, 1,50% e 1,50% respectivamente. As centrais consideran inaceptábel a proposta, ao igual que a actitude da patronal durante a negociación dos servizos mínimos da folga, xa que na xuntanza só participou o presidente do colectivo, “e para iso sen datos dos cadros de persoal das principais empresas do sector”.

Consideran especialmente grave o xeito de proceder da dirección do centro médico HM Vigo 'El Castro', que entregou os servizos mínimos días antes da xuntanza, así como a actitude doutras empresas “que lle preguntaron directamente ao persoal se ían secundar a folga ou non”. Neste senso, entenden que a patronal tivo a oportunide de achegar posturas presentando unha oferta que permitise desconvocar os paros, “pero non o fixo”.

Coo consecuencia, os empregdos/as do sector decidiron ratificar a proposta das centrais e convocar cinco días de folga e mobilizacións. A primeira xornada terá lugar este mércores 7, na que se desenvolverán concentracións diante do hospital Fátima de Vigo (11:00 horas) e do sanatorio Santa María de Pontevedra (18:00 horas).

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído