13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

CCOO denuncia a “gravidade” das listas de espera en Vigo e discrepa dos datos do Sergas

O sindicato cre que resulta “fundamental” implantar un plan de choque contra as demoras

02 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha cama no hospital Álvaro Cunqueiro. Unha cama no hospital Álvaro Cunqueiro.

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo discrepa dos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade e o xerente do CHUVI, Felix Rubial, sinalando que en Vigo hai pouco mais de 7.000 persoas nas listas de espera agardando por unha operación. Para CCOO eses datos só contemplan a lista estrutural e non fan referencia á non estrutural (persoas chamadas para ir a un centro concertado).

Segundo o sindicato, cando se fala de listas de espera hai que dar os datos de todos os cidadáns que agardan por unha intervención, independentemente de onde sexan operados. “A realidade é que a lista supera as 16.000 persoas, que engadindo a lista de Povisa, deixa unha realidade de preto de 20.000 persoas agardando a ser operados”, indican.

Para CCOO é “preocupante” a espera nalgunhas especialidades como traumatoloxía, que supera amplamente as 5.000 persoas, oftalmoloxía e cirurxía xeral, que superan as 2.000 cada unha delas. Do mesmo xeito, salientan a espera nas obesidades mórbidas de cirurxía xeral, con doentes en espera “desde hai anos”.

A Federación de Sanidade non comparte o “triunfalismo” con que valoran as “macrocifras coas que venden o incremento da actividade" e consideran “fundamental” implantar un plan de choque, que para Vigo pasaría por dar prioridade aos casos de especial gravidade e aos urxentes (prioridade 1 e 2) e aos doentes que levan mais tempo, por manter todas as camas e quirófanos funcionando durante todo o ano e por abrir os quirófanos en quenda de tarde e non so nas campañas puntuais e con peonadas.

Segundo o sindicato, para acometer un plan similar, cun novo hospital e a desaparición do Xeral e o Cíes, “cómpre dotar ao Meixoeiro dunha UCI axeitada e a utilización de todos os recursos e a contratación de persoal cunha partida económica dos fondos económicos destinados as concertación e as peonadas”.

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído