14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 10pm

En Marea esixe máis previsión e planificación contra o colapso das Urxencias

O voceiro do grupo parlamentario, Luís Villares, visitou Vigo este xoves para reunirse coa Xunta de Persoal do hospital Álvaro Cunqueiro

11 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Luís Villares, este xoves en Vigo. / Foto: En Marea Luís Villares, este xoves en Vigo. / Foto: En Marea

“Despois de reunirnos coa Xunta de Persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro e con colectivos sanitarios constatamos que a peor gripe que sofre este país non é a dos pacientes, senón a gripo do goberno de Feijóo, non hai colapso das Urxencias, hai colapso da sanidade pública”. Así de contundente se mostrou este xoves en Vigo o voceiro de En Marea, Luís Villares, ás portas do centro hospitalario, que visitou acompañado das deputadas Eva Solla e Paula Quinteiro e maila a concelleira Marga López Barreiro.

“E iso é debido a unha falta de previsión do que son os ciclos normais das doenzas, polo tanto un problema de incompetencia dun goberno incapaz de xestionar de forma racional a e razoable os propios recursos, non hai un problema de falta de atención, o que hai é un problema de falta de persoal, de recortes na sanidade pública que nos impide acceder con normalidade a un dereito fundamental básico como é a saúde”, continuou Villares, que reivindicou unha revisión de toda a planificación da sanidade que permita atender en tempo e forma a todas as persoas doentes.

Ademais, para En Marea esta situación non responde a un problema circunscrito ás Urxencias, senón que é un problema xeral da sanidade pública, pola desatención e infradotación de medios en Atención Primaria, que debería contar con medios suficientes para atender casos que non son emerxencias.

“Parécenos terrible que a partir das advertencias feitas polas diferentes centrais sindicais e dos diferentes grupos da oposición, a Xunta non tomase ningún tipo de medida para prever unha situación que se dá todos os invernos e que deberían ter capacidade de xestionar”, engadiu Eva Solla que asegurou que “hai unha intencionalidade nese deterioro da sanidade publica no noso país a pesar de que na ponte de Decembro houbo colapsos nas Urxencias advertidas por En Marea, que rexistrou unha batería de iniciativas a principios do mes de decembro”.

Malia iso, “a Xunta non fixo nada e non foi ata pasado o Nadal que decidiron abrir as plantas do hospital do Meixoeiro que estaban pechadas cando xa se sabía que era inasumible ter doentes agardando días por unha cama”, lamentou.

Camas pechadas
Logo de que a propia Xunta recoñecese que un 20% dos casos precisan hospitalización En Marea considerou “indecente que ata fai só uns días permanecesen camas pechadas cando había posibilidade de ter esas persoas ingresadas e non nun corredor”.

“Esiximos á Xunta que tome medidas e presente un plan de continxencia senón tamén de planificación, pois non se pode dicir que a gripe vai vir a principios de febreiro cando a comezos de decembro xa había colapsos”, reivindicou Solla, lembrando que “quen sofren esta situación son doentes e familiares que pasaban o fin de ano nos corredores das urxencias pero non tiveron unha soa palabra no discurso de Feijóo”.

Pola súa banda, a concelleira da Marea de Vigo Marga López Barreiro reafirmou o apoio de En Marea e da súa organización ás mobilizacións do día 4 de febreiro contra o anteproxecto de Lei de Saúde coa que o “goberno galego só pretende afondar na privatización da sanidade en detrimento da atención aos usuarios”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído