14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

Alertan de que a saturación pola gripe esténdese tamén aos PACs

CCOO informou este martes da “masificación” que están a sufrir as urxencias extrahospitalarias da comarca e o Sergas lembra que está a aumentar os recursos

09 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Colapso en Urxencias. / Foto: Arquivo Colapso en Urxencias. / Foto: Arquivo

A federación de sanidade de CCOO de Vigo denunciou este martes a “pasividade dos responsables sanitarios ao non dar solucións aos problemas das urxencias”, que estenderon os seus problemas ás urxencias extrahospitalarias. O sindicato alertou da “masificación” de todos os Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo: Porriño, Tui, A Guarda, Ponteareas, Cangas... “É un feito constatable no día a día”, afirman.

Capítulo aparte merece a situación do PAC de Vigo na rúa Pizarro, alertan dende CCOO. Segundo indican, esta fin de semana a demora na atención foi de ata catro horas, xa que están sendo atendidos unha media de 350 doentes ao día. “A situación é unha sala de espera abarrotada todo o día e o persoal traballando arreo”, desvelan.

Os representantes dos traballadores atribúen esta situación á saturación do hospital Álvaro Cunqueiro, que supón que xente que noutra situación iría directamente ao hospital por ter una patoloxía relevante prefire pasar polo PAC, incrementándose así a carga de traballo.

Por todo isto, CCOO “esixe a presencia alo menos dun equipo máis de traballo todos os días, xa que os actuais son claramente insuficientes”. Igualmente, fai un chamamento “á responsabilidade” na procura de solucións. “Os cidadáns de Vigo e a súa comarca non merecen o trato dispensado por uns responsables sanitarios que non sitúan aos usuarios no centro do problema e que non deberían seguir nin un intre mais dirixindo a sanidade galega”, conclúen.

O Sergas defende a súa actuación
Pola súa banda, o Sergas asegurou que segue adoptando as medidas necesarias para garantir unha atención máis áxil e resolutiva e para iso continúanse reforzando as unidades con maior demanda, habilitando as camas hospitalarias necesarias, mantendo unha atención inmediata aos pacientes máis graves, e ordenando a atención segundo o nivel de gravidade. En previsión de que esta situación de alta frecuentación continúe nos próximos días, manteranse os recursos necesarios para garantir a atención.

Segundo defenden, este martes vense de habilitar 15 camas máis no hospital Meixoeiro, emprazadas no terceiro andar. Con estas novas camas, xa son 125 as habilitadas nos últimos tres días no Chuvi: 75 no Meixoeiro e 50 no Álvaro Cunqueiro. Ademais, sosteñen que se reforzou o cadro de persoal daquelas unidades e servizos con maior demanda de atención.

No que vai de ano, o servizo de Urxencias do Álvaro Cunqueiro leva atendidos a 3.157 pacientes, dos que 631 (un 20 por cento) requiriron de ingreso hospitalario. Con respecto ás Urxencias Extrahospitalarias, a media de atencións nun día festivo no PAC de Vigo é de 363, polo que as rexistradas estes días entran dentro do alto número de demandas habituais en festivos e domingos que se contabilizan ao longo do ano neste dispositivo.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído