25092018Mar
Última edición: Mar, 25 Sep 2018 8pm

CCOO denuncia que as Urxencias do Álvaro Cunqueiro atópanse masificadas

Segundo revelan, nas últimas horas produciuse unha situación de grande afluencia que non puido ser absorbida polas camas existentes

11 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
As Urxencias do Cunqueiro, desbordadas. / Foto: Arquivo As Urxencias do Cunqueiro, desbordadas. / Foto: Arquivo

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO vén de denunciar a “masificación” do servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro. Segundo revelan, este domingo pola tarde a afluencia de doentes non puido ser absorbida polas camas existentes e á primeira hora deste luns máis de 30 persoas tiñan orde de ingreso pero carecían de cama onde ingresar.

Esta situación de colapso é especialmente grave para CCOO, que lembra que ao seu xuíxo “o CHUVI está sendo continuamente infrautilizado”, xa que o Meixoeiro “aínda hoxe mantén 60 camas pechadas –na alas 1 e 2 do terceiro andar-”, critican.

“Precisamente o sábado abrían unha ala do sexto andar e hai quince días abriran a outra ala do sexto andar”, engade o sindicato nun comunicado de prensa.

Neste sentido, CCOO reiterou a “necesidade de ter operativas durante todo o ano todas as camas posibles”, incluídas as do Meixoeiro e do Nicolás Peña, así como implementar o “desdobramento das camas en todas as habitacións do Álvaro Cunqueiro”.

“Non pode ser que Vigo padeza a maior lista de espera cirúrxica de Galicia e continuas saturacións en Urxencias e non podamos dispoñer de todos os recursos”, denuncian.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído