13122017Mié
Última edición: Mié, 13 Dic 2017 1pm

 

O comité de Povisa péchase no Sergas

Os responsables sindicais denuncian problemas derivados da falta de persoal

24 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Protestas ante o Sergas. / Foto: CIG Protestas ante o Sergas. / Foto: CIG

A maioría do comité de empresa do hospital Povisa ocupou este venres as dependencias da delegación do Sergas en Vigo para denunciar a problemática derivada da escaseza de persoal no centro sanitario, segundo denunciou a CIG.

A representación dos traballadores do Hospital Povisa solicitou unha xuntanza cos responsables autonómicos para abordar "a falta de resposta do organismo aos escritos remitidos hai un mes nos que se detallaban as consecuencias negativas desta situación sobre a asistencia sanitaria, solicitude que tampouco foi atendida".

Unha representación do comité de Povisa accedeu pasadas as 11:00 horas ao interior do edificio do Sergas, onde permaneceu até as 13:00 horas coreando consignas tras despregar unha faixa “Polo mantemento dos postos de traballo. Povisa/Sergas solución”. Os berros máis escoitados durante a protesta foron “Povisa culpábel, Sergas responsábel”, “En Povisa, falta persoal” ou “Os cartos onde están? Nos petos de Silveira!” [en referencia ao convenio asinado entre o Sergas e Povisa, hospital privado propiedade de José Silveira].

A CIG engade que ao mesmo tempo, solicitaron unha xuntanza cos responsables do departamento autonómico, reunión que finalmente non se chegou a producir porque "supostamente ningún deles se atopaba" neses momentos no edificio. “Volveremos, oeeee, volveremos, oeeee”, foi a resposta dos concentrados. De feito, ao remate da mobilización anunciaron que nos vindeiros dúas desenvolverán novos actos de protesta até que o Sergas lles resposte os escritos remitidos hai máis dun mes nos que detallaban os problemas derivados da falta de persoal en Povisa.

Problemas en todas as plantas
En concreto, sinalan que a escaseza de traballadores está a provocar incidencias en todas as plantas do centro e afecta negativamente a atención sanitaria. “A situación é consecuencia das reducións de xornada aplicadas hai tempo e do establecemento dunhas 'horas mortas' nas que por exemplo se reducen as técnicas en coidados de enfermaría (Tecae), dándose casos nos que unha soa persoa ten que atender dous controis e facer cambios posturais, que ás veces quedan sen facer”.

Departamentos como o de queimados contan cunha única enfermeira por quenda, “polo que se se ten que ausentar un momento no seu lugar queda unha tecae ou a supervisora”. De igual xeito, en Urxencias só hai un celador, “cantidade insuficiente para atender o volume de traballo que se produce”.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído