21082017Lun
Última edición: Jue, 17 Ago 2017 6am

Matronas viguesas relatan a "inmensa alarma" pola deficiente atención sanitaria do Sergas

O rexedor esíxelle á Xunta que resolva a falta de matronas que provoca unha atención deficiente

01 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Reunión do alcalde coas matronas. / Foto: vigo.org Reunión do alcalde coas matronas. / Foto: vigo.org

Abel Caballero mantivo un encontro este martes cun grupo de matronas viguesas que lle trasladaron a "inmensa alarma" ante a ausencia de profesionais e a deficiente atención sanitaria que se está prestando ás mulleres.

Segundo expuxo o alcalde, nestes momentos están traballando a metade das matronas mínimas imprescindibles para cubrir a asistencia recomendable, o que significa que hai "unha atención moi deficiente ás mulleres, enormes listas de espera e mesmo non son atendidas cando collen vacacións".

Ante a descrición realizada polas profesionais, Caballero esíxelle ao Sergas "no nome da cidade que resolva isto de forma inmediata porque seguramente é a parte máis sensible da atención sanitaria", xa que cobren as cuestións relacionadas coa saúde da muller desde a adolescencia ata os 65 anos, incluíndo aos bebés e a lactancia.

Así, considera "intolerable" que o número de matronas sexa a metade do que debe haber. Segundo apuntou, en Vigo hai nestes momentos unha matrona por cada 11.000 mulleres cando o mínimo aconsellable é de unha por cada 5.500 mulleres, unha ratio que se cumpre, apuntou, na área sanitaria de Pontevedra e en Vigo non. Así, dixo, "hai momentos nos que isto se converte nunha catástrofe de asistencia sanitaria ás mulleres e aos seus bebés".

Amais do apoio ás reivindicacións das matronas, o alcalde anunciou o desenvolvemento dunhas xornadas de información á cidadanía sobre esta deficiente atención que sofren as mulleres viguesas e da área metropolitana. Nese sentido engadiu que "me gustaría escoitar as voces dos alcaldes de toda a área porque afecta a todos os concellos máis ou menos na súa proporción".

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

entroido de verán

bágoas de san lourenzo

tráfico de drogas

  • Últimas noticias

  • Más leído