18112017Sáb
Última edición: Sáb, 18 Nov 2017 6pm

O Cunqueiro crea un centro especial para atender os embarazos máis complexos de Galicia

Unha das súas unidades ofrecerá a posibilidade de colaborar con outros profesionais da comunidade na procura de segundas opinións médicas

10 Julio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O servizo foi presentado este luns no hospital Álvaro Cunqueiro. / Foto: Sergas O servizo foi presentado este luns no hospital Álvaro Cunqueiro. / Foto: Sergas

O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal que será referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos. O proxecto, que foi presentado este luns na cidade olívica polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estará ubicado no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Este servizo será referencia naqueles procesos específicos, que pola súa complexidade necesitan gran experiencia clínica ou que teñen escasa incidencia en centros máis pequenos que rexistran poucos nacementos.

O Centro Avanzando de Medicina Materno Fetal supón un cambio de cultura organizativa, na que a asistencia vertébrase en unidades funcionais centradas fundamentalmente en catro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais patoloxías materno infantís e na formación dos especialistas.

“No momento actual xa dispoñemos de equipos con especial dedicación a determinadas patoloxías e procedementos; e estamos en condicións de asumir oficialmente á poboación de fóra da nosa área sanitaria”, apuntou o doutor López.

O Álvaro Cunqueiro é un dos lideres europeos no diagnóstico fetal a través da realización de ecografías de alta resolución en 2D, 3D e 4D. O xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, o doutor Carlos López Ramón y Cajal, explicou que "o equipamento actual permítennos explorar os órganos fetais en estados moi precoces, con gran definición e máximo nivel de detalle".

"Temos capacidade para detectar as malformacións conxénitas intrauterinas relacionadas co sistema nervioso, o tórax e o corazón, con imaxes dos órganos vitais en tempo real e en movemento; pudendo realizar estudos cardíacos nos fetos de incluso quince semanas, o que ata o momento era dificultoso dado o pequeno tamaño do corazón”, detallou.

Ademais, a Unidade de Ultrasóns de Alto Rendemento ofrecerá a posibilidade de colaborar con outros profesionais da Comunidade galega, e realizar no Complexo vigués as exploracións fetais ante as dúbidas diagnósticas doutros especialistas que precisen dunha segunda opinión médica.

Cirurxía fetal
A intervención fetal tense convertido nunha opción importante para aqueles fetos que, doutro modo non sobrevivirían á xestación, ou sufrirían unha morbilidade e mortalidade significativa despois do nacemento. Trátase dunha cirurxía intrauterina, prenatal, e polo tanto complexa e realizada con técnicas minimamente invasivas.

O incremento da idade materna, das enfermidades asociadas á xestación, e a reprodución asistida son factores que contribúen ao aumento de patoloxías como a prematuridade, o crecemento intrauterino retardado e as preeclampsias, que necesitan dunha axeitada atención materno perinatal.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

visita "real"

recogida alimentos 2017

carta: incendios forestales

incendios forestales

  • Objetivo, más y mejor empleo
    Objetivo, más y mejor empleo Uno de los principales retos que afronta Galicia en esta segunda parte de década pasa por consolidar la recuperación del mercado laboral. Y para conseguir este objetivo, el Fondo Social Europeo se configura como una herramienta clave para mejorar la…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído