22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm

saúde

Baiona recibe o galardón como primeiro municipio español con praias sen fume

A Xunta entrega o diploma que acredita ao Concello e iza na Ribeira a bandeira do programa “Vida sen tabaco”

03 Junio 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)

A praia baionesa da Ribeira acolleu este sábado o entrega do diploma e o izado da bandeira que acreditan ao Concello de Baiona como primeiro municipio con todas as súas praias sen fume. O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, entregou ao alcalde, Ángel Rodal, e a concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias, o Galardón de Ouro como localidade pioneira na Rede Galega de Praias sen Fume.

“É un día moi importante porque as praias de Baiona quedan libres de fume, pero tamén porque este ano o municipio logrou por primeira vez a bandeira azul para A Concheira, que foi onde comezou a historia do turismo de calidade da Vila”, destacou o conselleiro.

Baiona tomou a iniciativa hai cinco anos para eliminar o fume das praias e dende este verán estará prohibido o tabaco en todos os seus areais (Ribeira, Barbeira, Concheira, Os Frades, Ladeira e Santa Marta). A medida vai acompañada de advertencias sen sanción para os usuarios que non cumpran a norma e con sinalización e lugares habilitados para fumar fora dos areais e das zonas de baño.

“O máis importante e fomentar os hábitos saudables na poboación, pero tamén significa un paso máis no turismo de calidade que a diario vemos recoñecido con distintivos como Sicted, as bandeiras azuis o a recente selección da Barbeira entre as mellores 25 praias de España”, explicou Ángel Rodal.

170603 Marcos Comesaña Jesús Vázquez Almuiña Ángel Rodal Andrés Paz Ares e José PalaciosEntre as razóns para fomentar a declaracións de praia sen fume, o conselleiro indicou que é responsabilidade de todos contribuír a desnormalizar o consumo do tabaco da nosa sociedade e tamén mellorar a limpeza dos areais e axudar a concienciar á xente dun bo hábito de saúde “A día de hoxe o 22 por cento dos galegos son fumadores, unha cifra moi alta, e preocúpame aínda máis que entre os 15 e os 24 anos un 15 por cento fuma todos os días, iso é algo que temos que cambiar”, destacou o conselleiro.

46 areais galegos sen fume
Dende que foi posta en marcha a Rede Galega de Praias sen Fume, dentro do programa de promoción Vida sen Tabaco, produciuse un aumento exponencial dos municipios que protexen os seus areais. No ano 2016 había 26 praias sen fume e en este 2017 aumentou ata 46 en 27 concellos diferentes.

Pola súa banda, o vicepresidente de Adeac (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor), José Palacios, felicitou ao Concello de Baiona pola súa “valentía” e “atrevemento” para liderar a iniciativa. “Tamén como cidadán agradezo que cada día existan máis espazos sen fume porque o tabaco mata, causa seis millóns de mortes ao ano, das que 600.000 non fuman, polo que son asasinadas, son datos terribles”, sinalou. Palacios engadiu que dende Bandeira Azul apostan pola saúde dos cidadáns e apoian de maneira decidida este tipo de iniciativas.

O conselleiro de Sanidade entregou o Galardón de Ouro e posteriormente foi izada a bandeira de Praias sen Fume no Paseo da Ribeira. No mesmo paseo figuran xa varios indicativos para lembrar aos usuarios a prohibición de fumar no areal.

Ao acto tamén acudiron o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, e o subdirector, Jorge Suanzes, así como os concelleiros Ana Simons, Carmen Paredes e José Ángel Bahamonde. Ademais, estiveron presentes varios representantes dos colectivos das Vila, como o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Marcos Comesaña, o xerente do Monte Real Club de Yates, Óscar Calero, e o directivo Alechu Retolaza.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído