19112017Dom
Última edición: Dom, 19 Nov 2017 12pm

A CIG reclama ao Sergas que transforme as prazas de clérigos para persoal

"As funcións que desenvolven os capeláns, para atender as necesidades dun determinado grupo de persoas, non deben ser financiadas cos cartos do conxunto da sociedade", explica o sindicato

16 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Hospital Álvaro Cunqueiro. / Foto: Selika Hospital Álvaro Cunqueiro. / Foto: Selika

A CIG-Saúde reclama do Sergas que as prazas de capelán, que figuran no Sergas e que reciben un salario con cartos dos orzamentos públicos, sexan convertidas en prazas de persoal estatutario.

"Coa política de ausencia de substitucións que leva esta Administración, coa perda de postos de traballo que na CIG-Saúde xa temos denunciado (derivados da aplicación da taxa de reposición, da derrogación do Plan Mellora e do Plan de Saúde Mental...), e co necesarias que son as prazas estruturais para desenvolver a prestación sanitaria, pensamos que os cartos públicos deben ser empregados en incrementar os recursos humanos que prestan asistencia sanitaria ao conxunto da cidadanía", explica o sindicato nun comunicado.

A CIG-Saúde engade que "as funcións que desenvolven os capeláns, para atender as necesidades dun determinado grupo de persoas, non deben ser financiadas cos cartos que o conxunto da sociedade paga cos seus impostos e que eses cartos deben ser dedicados a financiar á asistencia sanitaria".

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

  • Un Parque Nacional único no mundo
    Un Parque Nacional único no mundo Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias…
    Leer más...

incendios forestales

recogida alimentos 2017

visita "real"

sequía: vídeo

  • Así está Eiras
    Un nuevo vídeo tomado el pasado domingo, 12 de noviembre, por Beto García con un dron muestra la preocupante situación en la que se encuentra la presa de Eiras.
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído