09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 5pm

saúde

Almorzos saudables para 120 escolares do Val Miñor

O Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor V” ofreceu aos alumnos unha charla sobre alimentación saudable

24 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Escolares este xoves almorzando na Residencia de Tempo Libre de Panxón. / Foto: Mancomunidade do Val Miñor Escolares este xoves almorzando na Residencia de Tempo Libre de Panxón. / Foto: Mancomunidade do Val Miñor

Un total de 120 alumnos de cinco centros escolares do Val Miñor asistiron este xoves a un almorzo ofrecido polo Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor V” na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Os nenos e nenas asistiron a primeira hora a unha charla da destacada nutricionista miñorana Gloria Pérez para finalmente degustar o almorzo saudable preparado e servido polo alumnado traballador do obradoiro.

Esta quinta edición do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, promovido pola Mancomunidade do Val Miñor e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, estase a desenvolver desde o 1 de decembro de 2016 na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Dentro da programación de actividades, vinte alumnos traballadores (10 de operacións básicas de cociña e 10 de servizos de restaurante) encargáronse de preparar e servir almorzos saudables dirixidos a escolares de colexios públicos dos tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor.

“A idea é ir educando na importancia da alimentación saudable e a nutrición”, apuntou o director do obradoiro, José López Rodríguez. O alumnado traballador do Obradoiro de Emprego preparou un taller de froitas que posteriormente ofreceron aos escolares.

Os alumnos e alumnas procedían do CEIP Carlos Casares (2 cursos de 5º de primaria) e CEIP da Cruz (1 curso de 5º e 1 curso de 6º) de Nigrán, do CEIP Chano Piñeiro (2 cursos de 4º de primaria) de Gondomar e do C.P.I Covaterreña (1 curso de 6º de primaria) e CEIP de Fontes-Baíña (1 curso de 5º de primaria).

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

urbanismo

  • Últimas noticias

  • Más leído