21042018Sáb
Última edición: Sáb, 21 Abr 2018 2pm

 

saúde

Augas mineromedicinais galegas para retardar a vellez e mellorar a calidade de vida

Unhas xornadas, no próximo fin de semana, no Balneario de Mondariz, analizarán o seu efecto antioxidante, antiinflamatario e estimulante que contribúe a reactivar a capacidade física e psíquica dos pacientes xeriátricos

14 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O Balneario de Mondariz acolle esta fin de semana unhas xornadas dirixidas a futuros médicos. / Foto: Balneario de Mondariz O Balneario de Mondariz acolle esta fin de semana unhas xornadas dirixidas a futuros médicos. / Foto: Balneario de Mondariz

O Balneario de Mondariz acolle esta fin de semana unhas xornadas dirixidas a futuros médicos. Centraranse no papel que cumpren os centros termais de cara a favorecer o envellecemento activo das persoas da terceira idade. Un grupo de estudantes de Medicina da USC, que se están a formar na cura termal, coñecerán o valor terapéutico das augas mineromedicinais neste senso.

A directora médico do Balneario de Mondariz, a doutora Laura Gómez, sinala que para gozar dun envellecemento saudable cómpre ter hábitos de vida físicos, mentais e sociais saudables. “E a hidroloxía médica, baseada no uso das augas mineromedicinais, constitúe unha ferramenta moi valiosa para este colectivo, xa que contribúe a retardar a vellez, ao tempo que permite abordar certas patoloxías asociadas á idade” -manifesta a doutora-. Indica que axuda tanto á prevención de enfermidades como ao tratamento e rehabilitación no caso de patoloxías crónicas de tipo reumatolóxico, respiratorio, dermatolóxico…

A doutora salienta que “grazas ao efecto antioxidante e antiinflamatario das augas mineromedicinais retárdase o proceso de envellecemento. Ademais, o seu efecto estimulante favorece a reactivación da capacidade física e psíquica das persoas, en particular dos pacientes xeriátricos”.

12“Os balnearios, como centros sanitarios especializados na promoción da saúde, axudan a mellorar a calidade de vida dos pacientes. O seu eixe principal é a cura balnearia a través da auga mineromedicinal, pero tamén é importante todo o que conlevan as diferentes técnicas de balneación (bañeiras, aplicación de auga a presión, parafangos, inhalacións…); xunto cunha correcta orientación nutricional, actividade física ou deportiva axeitada, apoio psicolóxico, a relación directa médico-paciente e o propio ambiente relaxante que rodea ao balneario” -explica a doutora-.

As xornadas comezan o vindeiro venres 17 pola tarde cunha charla da doutora Gómez sobre o balneario de Mondariz. Logo os asistentes farán un percorrido polas instalacións e terán a oportunidade de realizar unha sesión práctica no Palacio da Auga. O sábado pola mañá a doutora tratará o papel da hidroloxía médica no envellecemento activo. A continuación a fisioterapeuta e o recuperador físico do balneario explicarán as aplicacións da hidroterapia en fisioterapia e na actividade física destes pacientes. E ao final da mañá os futuros médicos terán unha sesión práctica para coñecer de preto estas aplicacións terapéuticas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

medio ambiente

  • Playa y chapuzón de una nutria en Vigo
    Playa y chapuzón de una nutria en Vigo Retozándose en la arena totalmente ajena al mundo y disfrutando tranquilamente del agua para refrescarse del calor. Así se pudo ver este miércoles a una nutria en las playas de Vigo. Rondando por el arenal de la Calzoa, junto a…
    Leer más...

andainas

mobilidade

  • Últimas noticias

  • Más leído