10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

saúde

Sinalización no chan para non perderse nos pasillos do Cunqueiro

No marco do Plan de Mellora e Escoita Activa continúase introducindo melloras como a dotación de dous postos máis de información en consultas externas e a sinalización horizontal do chan

08 Julio 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Sinalización horizontal nos pasillos. / Fotos: Sergas Sinalización horizontal nos pasillos. / Fotos: Sergas

No marco do Plan de Mellora e Escoita Activa dos pacientes o hospital Álvaro Cunqueiro implementou medidas de mellora en ámbitos non asistenciais. Un dos eixos estratéxicos fundamentais deste Plan, a humanización do centro e a información aos pacientes, ven de experimentar un pulo importante nos últimos días, segundon informou o Sergas.

Con respecto á información ofrecida aos usuarios, reforzouse este servizo coa dotación de dous novos Postos en Consultas Externas, na planta -1. Trátase de Puntos Informativos ben visibles, e emprazados en zoas estratéxicas, como son as entradas ao Hospital de Día e a Precisamente, a dirección do Hospital, consciente da necesidade de mellorar a información aos usuarios, tanto cuantitativa como cualtitativamente, abordou un proxecto específico para progresar neste ámbito, no que ademais de incrementar a dotación destes Postos, traballouse na formación do persoal adicado a Atención ó paciente coa impartición de cursos teóricos e prácticos especialmente deseñados para eles.

mostrador información hospital alvaro cunqueiro

O Sergas engade que tamén neste ámbito enmárcase a sinalización horizontal do chan, para guiar aos pacientes que acceden por consultas externas a aquelas áreas de maior frecuentación como o servizo de Radioloxía ou os gabinetes de probas diagnósticas de cardioloxía, dixestivo, uroloxía ou as respiratorias.

Da mesma forma houbo melloras nas áreas de Xestantes e Neonatoloxía do centro, xa que dispor dun entorno confortable contribúe a minimizar o impacto que supón a hospitalización para os pacientes, e a facer a súa estadía máis agradable.

Cuadros hospital alvaro cunqueiro vigo

Así, mantendo a uniformidade estética do edificio, dotouse a eses espazos coa obra da artista viguesa e facultativa farmacéutica do Chuvi, Iria Blanco. A temática dos cadros está relacionada con estas áreas asistenciais, polo que ademais de darlle calidez ao entorno, constitúen un elemento identificador das devanditas áreas.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído