06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

Os nenos hospitalizados no Cunqueiro dispoñen xa de quince videoconsolas

Doadas pola Fundación Juegaterapia, para que os nenos ingresados se entreteñan durante a súa estadía hospitalaria

07 Julio 2016 por
Valora este artículo
(2 votos)
Os equipos foron recibidos pola subdirectora de Procesos de Enfermaría, Montse Burgos, a  xefa de sección de Pediatría, Mar Portugués e a supervisora de Pediatría, Carmen Chapela. / Foto: Sergas Os equipos foron recibidos pola subdirectora de Procesos de Enfermaría, Montse Burgos, a xefa de sección de Pediatría, Mar Portugués e a supervisora de Pediatría, Carmen Chapela. / Foto: Sergas

O Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu este xoves quince videoconsolas portátiles, cos seus respectivos accesorios e un lote de videoxogos, doadas pola Fundación Juegaterapia, co fin de que os nenos ingresados neste hospital poidan entreterse durante a súa estadía hospitalaria e evadirse, na medida do posible, da súa enfermidade e tratamentos.

Segundo informou o Sergas, os equipos foron recibidos pola subdirectora de Procesos de Enfermaría, Montse Burgos, a xefa de sección de Pediatría, Mar Portugués e a supervisora de Pediatría, Carmen Chapela.

As consolas e videoxogos, de temática variada, estarán a disposición dos menores hospitalizados, en servizo de préstamo, en función da súa idade e estado de saúde.

Datos do doante
A Fundación Juegaterapia recolle consolas fixas e portátiles, en bo estado, que a xente xa non utiliza e, posteriormente, as dona a hospitais que dispoñen de unidades de pediatría. Cabe destacar que, algunhas das consolas, levan unha etiqueta cos datos do doante para que o niño que a reciba, si o desexa, poida facele chegar o seu agradecemento.

A Fundación tamén distribue ordenadores, xogos electrónicos, tablets, etcera, procedentes de doazóns de empresas, particulares, colexios, universidades e outras organizacións.

Desta forma, pretende aliviar a ansiedade e angustia que a experiencia hospitalaria produce a nos pequenos, ao estar fora de casa, nun entorno descoñecido. Ademais, ás veces, os nenos son sometidos a tratamentos que requiren certo grao de illamento polo risco de infeccións, e non poden asistir ás Aulas do hospital. De aí a importancia desta iniciativa da Fundación Juegaterapia.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído