Este troco, segundo valora o Sergas, supón “unha maior comodidade e axilidade para os desprazamentos” dos equipos e “súmanse as melloras das dotacións desta unidade”, que xa desde hai case dous anos utiliza medios informáticos para as historias clínicas dos pacientes e pauta ‘in situ’ a medicación dos enfermos, mediante o emprego de tablets.
A HADO atende anualmente a 650 pacientes nas súas casas e segue a ser a única de Galicia que dá cobertura á totalidade dos municipios da área sanitaria de Vigo.
O servizo presta asistencia a pacientes que, polas súas características ou polas doenzas que padecen e o estado avanzado da súa enfermidade, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subministran os mesmos coidados e atencións que nun ingreso hospitalario convencional. Se trata pacientes con calquera patoloxía, incluídos enfermos con necesidades paliativas, oncolóxicos ou non.
A HADO dispón nestes momentos de cinco equipos formados por un médico e unha enfermeira, que desprazan nos vehículos da unidade á zona de residencia do enfermo.