Segundo o coordinador do curso, o xefe da área de saúde mental de Vigo, José Manuel Olivares, “nestes momentos, a investigación en psiquiatría na área de Vigo ten un consolidado prestixio nacional e somos un grupo moi competitivo, como o evidencian as importantes becas conseguidas este ano para diferentes proxectos de investigación, a do Instituto de Salud Carlos III ou a do Plan Nacional de Drogas”.
Nos últimos anos, este grupo de investigación experimentou un importante salto cuantitativo e cualitativo ao dotarse con máis recursos e novas dotacións, tanto de persoal como de equipamento. Así, hoxe en día, constitúen un equipo multidisciplinar de 30 profesionais, con gran actividade científica e con numerosas publicacións en revistas de gran impacto na especialidade.
Destacados expertos
O evento científico que se vai celebrar conta coa participación de destacados expertos internacionais como Germán Berrios, catedrático de Epistemoloxía da Universidade de Cambrigde (Reino Unido) que ofrecerá a conferencia maxistral baixo o título “¿Cuál es la relevancia para la psiquiatría del problema mente-cuerpo?”, ou Jim Van Os, catedrático da Utrecht University Medical Centre (Paises Bajos), un dos maiores investigadores en psiquiatría do mundo.
Tamén pódese subliñar a intervención do neurólogo Ignacio Hernández do Hospital Ramón y Cajal, cunha conferencia sobre a “Big data: del concepto a la clinica” que versará sobre a aplicación da tecnoloxía á práctica clinica; ou o relatorio do psiquiatra Luis Gutierrez Rojas , del Parque Tecnológico de la Salud de Granada, que ofrecera as “Claves para prevenir el stress en salud mental”.
Un equipo de 63 profesionais
En total, a área de saúde mental de Vigo conta con 31 psiquiatras, 17 psicólogos, 8 MIR en psiquiatría, 4 PIR (psicólogos residentes) e 3 EIR (enfermeiras en formación especializada en saúde mental).
Estes profesionais atenden, entre as Unidades de Saúde Mental e o Complexo hospitalario preto de 64.000 consultas externas – 58.000 adultos e 6000 de psiquiatría infantil- e 7000 urxencias anuais.
No referido á hospitalización, prestan asistencia a un millar de pacientes ingresados ao ano no Cunqueiro e a un centenar no Nicolás Peña. O 56 por cento destes ingresos débense a trastornos psicóticos agudos; isto é, trastornos mentais graves como as esquizofrenias, e os trastornos afectivos, como os trastornos bipolares, trastornos de personalidade ou as depresións severas.
No Hospital de Día atenden unha media de 100 pacientes ambulatorios, en programas diarios. Ademais, o Servizo de Saúde Mental da EOXI de Vigo conta tamén cun Equipo de Continuidade de Coidados que presta atención domiciliaria, en vivendas tuteladas, a máis de 100 pacientes con trastorno mental.