Tras un breve paso de seis meses pola base medicalizada do 061 en Ourense, toda a súa carreira está ligada á Atención primaria na área sanitaria de Vigo.
Na actualidade exercía como médico de Familia no Centro de Saúde de Rosalía de Castro e no PAC de Vigo.
A doutora Díaz ten unha gran experiencia no funcionamento dos centros de saúde e PACs da área sanitaria. A súa incorporación ao organigrama de dirección «supón un paso máis na aposta da Xerencia da EOXI por reforzar o peso da Atención primaria na área de Vigo, tal como figura nas liñas xerais de actuación do Plan Estratéxico», segundo explica o Chuvi nun comunicado.