• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 2 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    saúde

    A área sanitaria de Vigo ten a lista de espera máis baixa da súa historia

    Por primeira vez o Chuvi acada unha demora media para realizar unha intervención cirúrxica de 61 días, 19 menos que no ano anterior
    Redacción por Redacción
    17 de Ene, 2020
    en Salud
    0
    A área sanitaria de Vigo ten a lista de espera máis baixa da súa historia

    A Xerencia da área sanitaria de Vigo subliña que os bos resultados son froito dun gran esforzo colectivo e da consolidación dun novo modelo de traballo trala reorganización experimentada na área nos últimos anos. / Foto: Sergas

    A área sanitaria de Vigo ven de presentar os mellores resultados da lista de espera cirúrxica da historia da sanidade pública viguesa. Así, segundo reflicten os datos oficiais feitos públicos este venres polo Servizo Galego de Saúde, a 31 de decembro do 2019 a demora media global para operarse no Complexo vigués foi de 61.2 días, 18.6 días menos que o pasado ano (un 23.3%).

    Segundo afirma o xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña “trátase duns datos sen parangón, que teñen superado as nosas expectativas, xa que nunca na historia da sanidade pública viguesa conseguiuse establecer a demora media para realizar unha intervención cirúrxica en dous meses. Con este descenso de 38 días dende a posta en marcha do Hospital Alvaro Cunqueiro e o novo papel do Hospital do Meixoeiro, Vigo colócase á par dos grandes hospitais de Galicia”-.

    Ademais, o xerente subiñou que é o primeiro ano que a lista de espera estrutural non rexistra pacientes que leven máis de 12 meses esperando unha intervención cirúrxica.

    Hai que destacar tamén que a demora media actual para as intervencións cirúrxicas de Prioridade 1 no Chuvi é de 20.6 días, unha xornada menos que no mesmo periodo do ano anterior. Polo tanto, continúase garantindo e mellorando o obxectivo marcado pola Consellería de Sanidade, que establece que estas intervencións de maior gravidade se operen en menos de 30 días.

    “A diminución da lista de espera é un dos obxectivos prioritarios recollidos no Plan Estratéxico da Área Sanitaria de Vigo, sendo un dos principais criterios inspiradores da nosa xestión, xa que representa unha obriga ineludible co servizo público de saúde e coa cidanía”-asegurou García Comesaña.

    Nunha análise dos factores que fixeron posible acadar esta significativa redución dos tempos de espera cirúrxicos, o xerente explicou que a apertura do hospital Álvaro Cunqueiro e a conseguinte reorganización da área foi determinante neste avance. “A nova estrutura dispoñible, con máis recursos físicos e humanos, a incorporación de novo equipamento tecnolóxico, os cambios organizativos introducidos e, sobre todo, o compromiso dos profesionais sanitarios, permitiron darlle este pulo á lista de espera cirúrxica.”

    En canto aos cambios organizativos, García Comesaña insistiu na especialización dos hospitais nas prestacións asistenciais, cuns criterios de atención fixados segundo as necesidades dos pacientes e a súa patoloxía. Asegurou que a decisión de realizar a actividade da cirurxía urxente e de maior complexidade nos quirófanos do Álvaro Cunqueiro, mentres que a cirurxía ambulatoria se centralizaba no Meixoeiro, foi trascendental. “ A día de hoxe, o Meixoeiro é o maior centro especializado de Galicia en cirurxía ambulatoria e de curta estadía, sendo por tanto un hospital esencial para acurtar a lista de espera en Vigo, xa que nas súas instalacións efectúase 2/3 de toda a actividade cirúrxica do Chuvi”.

    Menos esperas en Cirurxía Torácica, Uroloxía e Vascular
    Segundo os servizos sanitarios, cabe subliñar que 9 das 13 especialidades cirúrxicas sitúan a súa espera media por debaixo dos 60 días. Entre aquelas que presentan mellores resultados destacar Cirurxía Torácica (26 días); Uroloxía (34,4días); Cirurxía Vascular (44,1 días); ou Dermatoloxía (49,6 días).

    O xerente tamén quixo subliñar o esforzo realizado por outros servizos como Cirurxía Cardíaca, que acadou diminuír o seu tempo de espera media en 46 días ao pasar dos 99 do exercicio anterior aos 53,5 actuais; ou Traumatoloxía, que reduciu en 26 días a súa demora, e baixou de 99 a 73,3 xornadas.

    Outras especialidades que tamén rexistran unhas significativas melloras das súas demoras medias son Xinecoloxía, con 60 días de espera, 33 menos que no exercicio anterior; Cirurxía Plástica, con 18 días menos e unha demora actual de 66,3; ou Oftalmoloxía, que diminuíu 16 días a súa demora e neste momento rexistra 57,6 días de media para realizar unha intervención cirúrxica.

    Sen espera para as sospeitas de patoloxía oncolóxica
    No referido ás consultas, a demora media para ser atendido por un especialista nas consultas externas sitúase en 50.6 días, dato igual ao do pasado ano.

    Ademais, para aqueles pacientes con sospeita de cancro téñense activados uns circuítos asistenciais específicos para axilizar a súa atención, as chamadas Vías Rápidas de Atención. A dia de hoxe, a Área Sanitaria de Vigo ten implementadas as Vías de Colon, Mama, Melanoma, Pulmón, Cabeza e Colo, Próstata, Vexiga e Anafilaxia Himenópteros. O tempo transcorrido desde o diagnóstico de sospeita ata a primeira actividade terapéutica é moi reducido, sendo de 2,2 días de demora media global.

    Espectacular diminución do tempo de espera para endoscopias
    En canto ás probas diagnósticas, a 31 de decembro, a radioloxía convencional presenta unha demora media de 26.3 días (5 días menos que no ano anterior). Hai que destacar tamén o importante descenso do tempo para realizar un TAC, que é de 43.6 días, 36 menos que no exercicio anterior; ou os 20 días de espera -9 menos- para os procedementos de medicina nuclear (PET, SPECT ou Ganmagrafías).

    Sen embargo, os resultados máis espectaculares se rexistran nas endoscopias – unha das probas que historicamente presentan unha maior demanda e tamén maior demora-, reducindo en máis da metade (un 52%) as demoras medias para realizar este tipo de técnicas. Así, mentres que o pasado ano o tempo de espera era de 127.5 días, os últimos datos oficiais rexistran 61.2 días; isto é, dous meses menos de espera (66.3 xornadas).

    Para finalizar, o xerente expresou a súa convicción de que este ano vaise seguir progresando e avanzando nesta liña, poñendo especial atención nas consultas externas e nas probas diagnósticas, e aproveitou para felicitar e agradecer o traballo e implicación dos profesionais, verdadeiros artífices deste fito histórico, que en catro anos tiveron que realizar un esforzo sen precedentes para adaptarse e integrase en novas estruturas –novos espazos e equipos- e, sobre todo, nun novo modelo sanitario, asistencial e organizativo. “Agora, unha vez temos consolidado ese novo modelo é cando recollemos os froitos dese esforzo colectivo”.

    43

    RelacionadosArtículos

    El Centro Comercial Camelias «nos enamora» con un sorteo para celebrar San Valentín
    Vigo

    El Centro Comercial Camelias «nos enamora» con un sorteo para celebrar San Valentín

    02 de Feb, 2026
    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos
    Mos

    Hallan muerto en su casa con heridas de arma blanca al hombre que asesinó a su expareja en Mos

    01 de Feb, 2026
    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos
    Mos

    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos

    01 de Feb, 2026
    Cientos de trabajadores de GKN se manifiestan contra el ERE «injustificado» que pretende impulsar la compañía
    Economía

    Cientos de trabajadores de GKN se manifiestan contra el ERE «injustificado» que pretende impulsar la compañía

    01 de Feb, 2026
    Localizado el hombre buscado por el asesinato de su expareja en Sanguiñeda
    Mos

    Localizado el hombre buscado por el asesinato de su expareja en Sanguiñeda

    01 de Feb, 2026
    Buscan a un hombre por el asesinato de su expareja con un arma blanca en Mos
    Mos

    Buscan a un hombre por el asesinato de su expareja con un arma blanca en Mos

    01 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR