• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 8 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A área sanitaria de Vigo pon en marcha a primeira unidade multidisciplinar de Soporte Nutricional de Galicia

    É unha iniciativa pioneira que parte dos servizos de Farmacia e de Endocrinoloxía e dará cobertura a pacientes hospitalizados e ambulatorios
    Redacción por Redacción
    24 de Feb, 2021
    en Salud
    0
    A área sanitaria de Vigo pon en marcha a primeira unidade multidisciplinar de Soporte Nutricional de Galicia

    No centro da imaxe, a coordinadora da unidade, Guadalupe Piñeiro, e o xefe do servizo de Endocrinoloxía, Eduardo Pena, acompañados do xerente da área sanitaria, Javier Puente, e outros directivos da xerencia. / Foto: Chuvi

    A área sanitaria de Vigo pon en marcha a primeira unidade multidisciplinar de Soporte Nutricional de Galicia, unha iniciativa que parte dos servizos de Farmacia Hospitalaria e de Endocrinoloxía mediante un traballo interdisciplinar de cada un deles, e que se presentou oficialmente este mércores.

    O servizo será dos poucos deste tipo que funcionan na sanidade pública española e dará cobertura a pacientes hospitalizados e ambulatorios, que serán derivados tanto desde Atención Primaria como Hospitalaria. O obxectivo é satisfacer as necesidades nutricionais de pacientes con diversas patoloxías ou problemas de saúde e conseguir e manter un adecuado estado nutricional en todos eles.

    O carácter multidisciplinar da unidade sitúa ao doente no centro do proceso asistencial, e as súas accións están encamiñadas a poñer en valor o papel preventivo, terapéutico e de aforro de complicacións asociado ao adecuado soporte nutricional. O traballo asistencial levarase a cabo tanto no Hospital Álvaro Cunqueiro como no Meixoeiro e en estreita colaboración cos centros de saúde e cos distintos servizos de hospitalización da área sanitaria.

    Segundo afirma a coordinadora desta nova unidade, a xefa do servizo de Farmacia Hospitalaria, Guadalupe Piñeiro, “É un proxecto moi ilusionante e cremos que é fundamental para que os pacientes, con distintas doenzas en domicilio ou hospitalizados, poidan dispoñer dunha pauta nutricional que lles sirva para recuperarse e, sobre todo para mellorar a súa calidade de vida”.

    Os enfermos hospitalizados que atenderá este novo dispositivo asistencial serán tanto aqueles que estean ingresados con vinculación ao Servizo de Endocrinoloxía, como os que están noutros servizos do hospital e para os que se solicite unha interconsulta. Ademais da propia actividade asistencial, a nova Unidade ten en marcha unha liña de investigación coa Universidade, dúas teses doutorais, e participa en varios proxectos e estudos clínicos.

    Durante o último ano, 4.777 usuarios da área sanitaria foron atendidos con pautas nutricionais. Deles, 724 recibiron nutrición parenteral (intravenosa) mentres estaban hospitalizados, e o resto, 4.049 tiveron un soporte nutricional enteral (a través de sonda nasogástica). Ademais, realizáronse algo máis de 17.000 consultas externas.

    A nova unidade vén a supoñer un traballo conxunto e interdisciplinar entre os dous servizos, Farmacia e Endocrinoloxía, nos dous grandes hospitais públicos da Área Sanitaria de Vigo. Así, no Álvaro Cunqueiro conta cunha zona de traballo e unha sala branca de elaboración de nutrición parenteral dotada con tres cabinas de elaboración a cargo do Servizo de Farmacia. Endocrinoloxía dispón dunha consulta de Nutrición e un despacho médico.

    Pola súa banda, no Hospital do Meixoeiro, Endocrinoloxía dispón de tres consultas da Unidade de Nutrición na zona de Consultas Externas. Farmacia ten dúas consultas da Unidade de Nutrición, así como a zona de traballo administrativo e dous almacéns.

    Máis dunha vintena de profesionais
    Na unidade colabora máis dunha vintena de profesionais de diversas categorías dos servizos de Farmacia e de Endocrinoloxía. Conta con persoal de enfermaría específico nas tarefas de valoración e seguimento nutricional dos pacientes tanto a nivel hospitalario como ambulatorio, e na elaboración das nutricións parenterais co apoio dos técnicos.

    Tamén dispón de persoal administrativo con tarefas de xestión. O persoal complétase coa presenza rotatoria de técnicos de Farmacia para a recepción de pedidos e un celador. Soporte Nutricional terá un coordinador ou coordinadora, que se alternará cada tres anos entre os dous servizos que a integran.

    43

    Tags: área sanitaria de VigoChuvinutriciónUnidad de Soporte Nutricional

    RelacionadosArtículos

    SOS Sanidade Pública anima desde Vigo, «zona cero de los recortes», a una nueva manifestación
    Local

    SOS Sanidade Pública anima desde Vigo, «zona cero de los recortes», a una nueva manifestación

    23 de Ene, 2026
    La CIG denuncia “falta de personal” en el PAC de Vigo y pide seguridad para evitar “incidentes”
    Local

    Casi 15.000 urgencias en Navidad

    19 de Ene, 2026
    Los niños hospitalizados en el Cunqueiro ya pueden usar las motos de la Guardia Civil de Tráfico
    Solidaridad

    Los niños hospitalizados en el Cunqueiro ya pueden usar las motos de la Guardia Civil de Tráfico

    16 de Ene, 2026
    Trasladada una mujer al Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente de tráfico en Redondela
    Salud

    La presión asistencial en Vigo sigue «alta» aunque ya se registran más altas que ingresos

    14 de Ene, 2026
    Trasladan al Álvaro Cunqueiro a dos mujeres y un niño por una intoxicación de monóxido de carbono
    Local

    Cae la presión en las Urgencias de Vigo tras el pico asistencial de las últimas semanas

    13 de Ene, 2026
    Vigo sigue mejorando su incidencia acumulada pero Cangas se instala en riesgo alto
    Morrazo

    El personal médico para Cangas y Moaña «no es una prioridad», denuncian los sindicatos

    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR