Nesta homenaxe, entregóuselles unha serigrafía da obra ‘Maternidade’, doada polo artista Antón Sobral; así como o documento identificativo Tarxeta Dourada, en mostra de agradecemento por todo o seu tempo de dedicación ao servizo público de saúde.
Este ano tamén se continuou co proxecto de colaboración con artistas galegos. Os autores realizan unha doazón dunha obra á sanidade pública viguesa e autorizan a realización dunha tirada limitada de serigrafías, réplicas do orixinal, numeradas e asinadas polo autor, que constitúen o obsequio conmemorativo ao persoal xubilado.
Tarxeta Dourada
A Tarxeta Dourada, iniciativa posta en marcha hai uns anos, é un documento que acredita a condición laboral como traballador xubilado da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo e simboliza o respecto e recoñecemento debidos por parte da Institución.
Ademais, permite ao persoal en activo dos centros sanitarios públicos identificalo como xubilado do Servizo Galego de Saúde e polo tanto como un compañeiro máis. Esta tarxeta é ofertada a todo o persoal que anualmente se xubila.
Como peche desta despedida, a Coral Rosalía Castro do Colexio de Médicos de Pontevedra ofreceu un recital no que interpretaron diversas cancións populares.