28062017Mié
Última edición: Mar, 27 Jun 2017 10pm

tribuna libre

Presidente, de verdade?

Carta ao Director do presidente do comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo sobre o botellón na zona das Avenidas

27 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Vista general del Puerto de Vigo. / Foto: Selika Vista general del Puerto de Vigo. / Foto: Selika

Eu, como policía portuario que son, e supoño que todos os meus compañeiros/as do Colectivo de Policía Portuaria da Autoridade Portuaria de Vigo, lamentamos as desafortunadas declaracións do Sr. Enrique C. López Veiga, nas que di que a Policía portuaria non é unha “policía de verdade”.

Se ben é certo que a Policía portuaria é unha “policía especial administrativa”, non se pode olvidar que os seus integrantes teñen carácter de axentes da Autoridade e, como dato curioso, a denomida hoxe en día Policía Portuaria é o corpo policial máis antigo do país, sendo fundada durante o reinado de Carlos III baixo o nome de “Real Cuerpo de Celadores-Guardamuelles”.

Se ao que se refire o Sr. López Veiga é á ambigüedade no desenvolvemento de funcións de seguridade e o vacío legal no que se pode atopar un policía portuario ante actuacións nese ámbito, gustaríame recordarlle que nalgúns dos portos máis importantes do sistema portuario español, como poden ser Barcelona, Tarragona ou Alxeciras, entre outros, a Policía portuaria ten convenios de colaboración coas FF.CC.EE e máis coas Policías locais, levando a cabo controis de alcolemia e de velocidade e mesmo facendo detencións e tramitando as dilixencias das mesmas, polo que poderiamos decir que o traballo da Policía portuaria vai ligado directamente ao crecemento das Autoridades Portuarias.

Neste caso a Autoridade Portuaria de Vigo pertence e, de seguir así, seguirá eternamente pertencendo á terceira división dos portos españois. A resposta que os xerentes da APV nos darán é unha resposta de librillo barato de mercadillo e nos dirán que non se pode comparar eses portos co Porto de Vigo, aínda que eu lles diría que si se fixaran no plano de deslinde das zonas de control da Autoridade Portuaria poderían darse conta de que as Zonas de Dominio Público Portuario (ZDPP) van dende o peirao de comercio até a Terminal de Transbordadores. ZDPP nas que hai viais de circulación, zonas peatonais, parques e incluso zonas de ocio e diversión, polo que si ou si, no Porto de Vigo van a surxir os mesmos problemas (por non decir máis) que nas zonas de máis movemento da cidade, polo que é sumamente importante que a APV defina claramente as función da Policía portuaria e que haxa un diálogo coas FF.CC.EE e coa Policía local en busca de convenios firmados de colaboración.

Agora xa, como último dato importante, no que se refire ao problema que deu pé a estas desafortunadas declaracións, gustaríame explicarlle ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo que nun botellón das características do que temos na zona do Náutico non actúa nin Policía portuaria, nin Policía local, nin FF.CC.EE porque o operativo tense que montar dende antes de que comence a concentración de xente, xa que o cadro de persoal da Policía portuaria a duras penas chega para cubrir uns postos mínimos que a APV se nega a firmar dende hai anos, que levamos sete anos nos que a tasa de reposición de Policía portuaria non é 0 se non que é negativa e porque hai (ou é o que me da a min a impresión) intereses comerciais que van máis alá da seguridade ou do civismo.

Fraco favor lle van facer estas declaracións á Policía portuaria, que xa en diversas ocasións (a min pasoume) tivo que escoitar como “usuarios/as” ou simples cidadáns lles increpan, faltan ao respecto ou ningunean por levar a cabo o seu traballo da maneira máis profesional posible. Se non nos queren na casa, vannos querer fóra?

Firmado: Diego González Domínguez, policía portuario e presidente do comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo (CIG).

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

crimen de arealonga

  • El Rápido ya es de 2ªB
    El Rápido ya es de 2ªB El Rápido de Bouzas logró este domingo el ascenso a la Segunda División B del fútbol español tras remontar el resultado de la ida en el Baltasar Pujales (1-1) y darle la vuelta a la eliminatoria en Peralada (2-2).
    Leer más...

vigo en festas

celta

  • Maxi Gómez: “Admiro a Iago Aspas”
    Maxi Gómez: “Admiro a Iago Aspas” Maxi Gómez arde en deseos por empezar la pretemporada. Quiere vestirse de corto cuanto antes para comenzar a defender la camiseta celeste y también para conocer a sus nuevos compañeros, de los cuales no sabe mucho todavía. Tras firmar su…
    Leer más...

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos