18062019Mar
Última edición: Mar, 18 Jun 2019 10pm

O colectivo Piueiro da Guarda recupera un volanteiro tradicional

A construción desta embarcación tradicional é un dos primeiros pasos do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia do próximo mes de xullo en A Guarda

11 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Traballos de recuperación do volanteiro. Traballos de recuperación do volanteiro.

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais de A Guarda Piueiro traballa na organización do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá no próximo mes de xullo na localidade do Baixo Miño. E nesas tarefas ven de acadar dous grandes fitos: a posta en marcha da páxina web www.encontroaguarda.com e a avanzada construcción dun volanteiro.

Tendo coma premisa básica a posibilidade de xunguir de xeito natural a recuperación da importante tradición marítima de A Guarda coa tarefa de dala a coñecer a través dos medios máis actuais, Piueiro ten moi avanzada a construcción dun volanteiro, unha embarcación da que se teñen referencias dende o século XVII, que viviu o seu momento de maior pulo no XIX e que desapareceu a comezos do XX pola aparición dos arrastreiros.

Na tarefa de revivir este maxestuoso barco céntrase Piueiro nos estaleiros El Pasaje, que encabeza a un amplo grupo de colaboradores que acadan a veintena: Astilleros Armón, Abanca, Murimar Seguros, Grupo Botas, Cabomar, Copemar S.A., Espaderos del Atlántico, Carbopesca-Pescadores de Carboneras, Asociación de Armadores de Marín-Opromar, MTD (Marine Technology Development), Zodport-Salvamento Marítimo Profesional, Inxenia Desarrollos Tecnolóxicos, Aserport Consignatarios, Cadilla C.B., Torres y Gago Lda, Antonio Elías Rodríguez y las comunidades de montes de A Guarda, Salcidos y Camposancos. Unha tarefa conxunta que amosa a implicación da sociedade galega, e mesmo andaluza, na recuperación do seu pasado.

"Pero de pouco serviría toda esta labor se non trae consigo a súa divulgación. Nela terá un papel trascendental o devandito Encontro de Embarcación Tradicionais de Galicia que Culturmar otorgou a Piueiro de cara ó próximo mes de xullo. Un acto que vai moito máis aló dos seus catro días de celebración e que xa ten en marcha actividades previas", sinalan desde o colectivo.

Entre elas, a recente posta en marcha da páxina web www.encontroaguarda.com, na que, dun xeito sinxelo e moi visual, pódese acadar todala información precisa do encontro, xa sexa para persoas interesadas en inscribirse nel como para aquelas que so queiran acudir coma visitantes. O público pode coñecer non so o propio encontro, senón que tamén pode acadar información turística de A Guarda.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

furtivismo

festival

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos