En declaracións posteriores aos medios, Abel Caballero explicou que a organización da cita pretende mobilizar un número relevante de grandes veleiros para percorrer parte da ruta da Traslatio, con saída en Nápoles e final en Vigo, pasando por Francia e por Cádiz.
A organización prevé realizar esta regata no ano 2021 e está a iniciar as conversas cos distintos axentes implicados, como por exemplo as Armadas para conseguir a participación dos buques-escola. Abel Caballero ofreceu a colaboración do Concello: «que Vigo fora o final desta experiencia e desta ruta sen ningunha dúbida sería altamente conveniente para unha cidade tan mariña e tan marítima como é Vigo».




















