O alcalde explicou hoxe venres que preto de 500 policías e gardas civís de toda España achegaránse en setembro a Vigo para participar no encontro bianual que organiza Motópolis. Trátase, dun clube motero formado por corpos e forzas de seguridade do Estado que este ano elixen a nosa cidade para reunirse.
Caballero explicou que o Concello segue a traballar na facilitación da circulación das motos, referíndose, entre outras medidas, á sustancial rebaixa de impostos aprobada para 2016. Tal e como explicou, as motocicletas de menos de 125 cc, estarán exentas do recibo de circulación, e ao resto se lles rebaixa un 10%.